Servizos

Clientes e Servizos

Reganosa realiza fundamentalmente actividades reguladas no sistema gasista español, baixo o réxime de acceso de terceiros. No seu desempeño analiza de maneira continua as circunstancias do mercado co fin de desenvolver servizos que soporten as necesidades loxísticas crecentes que o mercado de gas natural demanda. Colaboramos tamén con empresas e institucións ás que lles achegamos o noso coñecemento e experiencia.

Para a xestión do ciclo completo de gas: solicitude de capacidade de acceso, contratación, programacións e nominacións, medicións, repartos e balances, e co obxectivo de dispoñer dunha ferramenta de comunicación fluída e en tempo real entre os distintos suxeitos do sistema gasista, o Xestor Técnico do Sistema (XTS) puxo a disposición dos usuarios o sistema de información SL-ATR (Sistema Loxístico de Acceso de Terceiros ás Redes) segundo o establecido en apartado 1 do Protocolo de Detalle PD-04: Mecanismos de comunicación.

  • Descarga de buques

    Permite o acceso dos buques metaneiros ás instalacións da terminal de Mugardos para a descarga de GNL, que se recibe a unha temperatura de -160 ºC. O caudal máximo de descarga é de 12.000 m3/h.

  • Carga de buques

    Facilitámoslles o acceso ás nosas instalacións de Mugardos para o transvasamento aos buques metaneiros do GNL procedente dos tanques da terminal. Ofrecemos este servizo desde o ano 2010; até mediados de 2015 realizamos máis de 52 operacións de carga.

  • Gassing up y cool down

    Servizos que permiten o acceso á terminal para a posta en gas dos tanques do buque metaneiro (gassing up) e para o seu arrefriado paulatino até alcanzar a temperatura de operación final (cool down). Na actualidade contamos coa maior experiencia do sistema gasista español nestas actividades.

  • Almacenamento de GNL

    A prestación de servizos inclúe o dereito de uso do almacenamento operativo necesario, nos termos que establece a normativa de acceso ás instalacións.

  • Regasificación

    Permite o uso das instalacións necesarias para realizar o proceso de regasificación, polo cal o gas natural licuado almacenado se transforma en gasoso, aumentando a súa temperatura mediante un proceso físico. Para iso empréganse vaporizadores de auga de mar.

  • Carga de cisternas

    O GNL tamén é transportado a través de cisternas. Na nosa terminal préstase o servizo de carga de cisternas, o que permite a subministración ás empresas e industrias do noroeste peninsular e abastece aos consumidores domésticos de zonas pouco gasificadas, a través de plantas satélite conectadas a redes locais de distribución. Reganosa consolidouse no ano 2014 como líder europeo en carga de cisternas, cun total de 9.700 operacións realizadas.

  • Análise de laboratorio

    O noso laboratorio presta servizos de análises da composición do gas natural e GNL e asesoramento técnico tanto aos usuarios das nosas instalacións como a empresas e entidades externas. Contamos cun equipamento perfectamente calibrado e verificado.

  • O+M, formación e consultoría

    Prestamos servizos complementarios de formación, simulación de redes de transporte, asesoramento técnico, consultoría e servizos en relación co deseño, construción, posta en marcha, explotación, operación e mantemento de terminais de GNL e instalacións de transporte.