O laboratorio de Reganosa está acreditado conforme a norma UNE-EN ISO/IEC 17025:2017. Dita acreditación (número 1179/LE2273) foi concedida por ENAC (Entidade Nacional de Acreditación) e o seu alcance pódese consulta no sitio web de ENAC. A acreditación de Reganosa supón o recoñecemento á competencia técnica para a realización de Ensaios no Sector Industrial. Isto leva implícito o recoñecemento por clientes da validez dos resultados do laboratorio, facilita o intercambio de información fiable e contribúe a harmonizar procedementos. É un paso máis na busca da excelencia na medición da enerxía que os nosos clientes nos confían.
SERVIZO DE ANALISE DE CALIDADE DO GN/GNL
O noso laboratorio presta servizos de análises de compostos de GNL e gas natural e compostos de xofre, tanto aos usuarios das nosas instalacións como a empresas e entidades externas. Para iso contamos cun equipamento perfectamente calibrado e verificado.
Complementariamente ás actividades analíticas, o noso laboratorio presta un servizo de asesoramento integral, desde a toma de mostras até a obtención de resultados finais.
O laboratorio de Reganosa dispón dunha sistemática para o tratamento das queixas recibidas no seu manual de calidade. A descrición do proceso para recibir e tratar as queixas do laboratorio estará dispoñible cando así o solicite calquera parte interesada [Contacto].