Comunicacións cos accionistas

CONVOCATORIA DE XUNTA XENERAL ORDINARIA

Por acordo do Consello de Administración de “Regasificadora del Noroeste, S.A.” convócase aos accionista á Xunta Xeral Ordinaria que terá lugar no domicilio social, sito en Punta Promontorio, s/n, Mugardos, A Coruña, o próximo 16 de xuño de 2023, ás 11:00 horas.

A Xunta Xeral celebrarase co seguinte:

Orde do día

1. Exame e aprobación, se procede, das Contas correspondentes ao exercicio 2022 e do informe de xestión.

2. Aplicación do resultado correspondente ao exercicio 2022.

3. Nomeamentos e ceses no Consello de Administración.

4. Remuneración dos Administradores.

5. Nomeamentos de auditores.

6. Rogos e preguntas.

7. Delegación de facultades para complementar, desenvolver, executar, emendar e formalizar os acordos adoptados.

8. Lectura e aprobación, se procede, da acta da sesión.

 

Dereito de información: De conformidade co disposto no artigo 272 da Lei de Sociedades de Capital, a partir da publicación da presente convocatoria da Xunta Xeral, calquera accionista poderá examinar no domicilio social e pedir a entrega ou envío, de forma inmediata e gratuíta, dos documentos que serán sometidos á aprobación da Xunta Xeral, incluíndo as contas anuais correspondente ao exercicio social concluído o 31 de decembro de 2022, así como o informe de xestión formulado polos administradores e o informe de xestión formulado polos administradores e o informe dos auditores de contas da sociedade.

 

Mugardos, a 24 de marzo de 2023. O presidente do Consello de Administración, Carlos Collantes Pérez-Ardá