POLÍTICA DE PRIVACIDADE

1.- O obxectivo da presente Política de Privacidade é informar aos usuarios do sitio web e ás persoas que subministren datos de carácter persoal sobre o tratamento dos seus datos, mediante unha descrición xeral dos aspectos relacionados co tratamento dos datos do Grupo Reganosa. É responsabilidade do usuario ler con carácter previo a calquera comunicación de datos persoais esta política e, no seu caso, os textos contidos nos formularios de recollida de datos. No caso de que non estea conforme con esta política non debe utilizar ningún servizo accesible dende o sitio web nin realizar comunicación algunha a través dos canais habilitados para iso. Polo contrario, considerarase que esta política é aceptada expresa e plenamente polo usuario se utiliza o sitio web, os seus servizos e/ou proporciona datos persoais en calquera das comunicacións posibles ao Grupo Reganosa que sempre é voluntaria.

2.- Grupo Reganosa, integrado pola matriz Reganosa Holdco, S.A. as filiais Regasificadora del Noroeste, S.A., Reganosa Servicios, S.L. (Reganosa Malta, Ltd., Reganosa Ghana, Ltd. e Reganosa Italia, Srl) e Reganosa Asset Investments, S.L. xunto co resto de sociedades dependentes, en cumprimento da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico, infórmalle de que:

   a. A denominación social da matriz é Reganosa Holdco, S.A.

   b. O seu NIF é B70537543

   c. O seu teléfono de contacto é 981 93 00 93

   d. O seu domicilio atópase en Punto Promontoiro S/N, 15620 Mugardos (A Coruña)

   e. Está inscrita no Rexistro Mercantil de A Coruña, Tomo 3631, Folio 210, Sección Xeral, Folla C-56470

   f. E dispón da seguinte dirección de correo electrónico de contacto reganosa@reganosa.com

Cada unha das sociedades indicadas é responsable do tratamento dos datos persoais que recolle e trata, e a matriz do Grupo á súa vez é corresponsable do tratamento ao que se refire a presente política de privacidade.

3.- Así mesmo, Grupo Reganosa adoptou as medidas e niveis de seguridade esixidos na Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais e demais normativa que a desenvolva, conforme aos datos que almacena e trata. Os procedementos, normas e medidas establecidas poderán ser susceptibles de mellor como consecuencia de futuros cambios no sistema de información do Responsable do Ficheiro. Igualmente, poden verse afectados ante modificacións realizadas sobre a lexislación vixente en materia de protección de datos.

4.- Grupo Reganosa implantou todas as medias técnicas e de seguridade ao seu alcance para garantir a confidencialidade, integridade e dispoñibilidade da información recollida través da súa páxina web www.reganosa.com.

5.- A finalidade da recollida e tratamento de datos será a de dar resposta ao usuario que visita e contacta e/ou completa os formularios existentes no sitio web, agora ou no futuro, para cuestións derivadas da propia relación que se estableza entre ambas partes, o envío de comunicacións, sempre relacionadas coa actividade empresarial do Grupo Reganosa, ou para a xestión das candidaturas e a participación nos procesos de selección de persoal que leve a cabo a entidade. Os datos persoais do usuario conservaranse mentres se manteña a finalidade e a base xurídica que lexitima o tratamento así o permita, sempre que o usuario non solicite a supresión destes e mentres as normas vixentes obriguen ao cumprimento de obrigacións legais.

6.- Grupo Reganosa informa ao usuario, que mediante a aceptación desta política de privacidade presta o seu consentimento para a cesión dos datos persoais recollidos a través da súa páxina web ás compañías do Grupo Reganosa, para as mesmas finalidades recollidas no apartado 5 e sen que estean previstas máis comunicacións, salvo que unha obrigación legal así o determine. Así mesmo, infórmase ao usuario que os seus datos poderán ser tratados por entidades que prestan servizos auxiliares, así como tarefas de soporte e administración de sistema. En todo caso, o usuario0 poderá revocar o consentimento para a cesión dos seus datos solicitándoo a dpo@reganosa.com ou por correo postal a Punta Promontoiro S/N, 15620 Mugardos (A Coruña). O Grupo Reganosa non leva a cabo transferencias internacionais de datos persoais do usuario a países nin organizacións internacionais fóra das empresas do Grupo.

7.- Completar os formularios, o envío de correos electrónicos ou a utilización doutros mecanismos de comunicación ofrecidos en www.reganosa.com, implican o consentimento expreso do usuario ao tratamento dos seus Datos de Carácter Persoal por parte do Grupo Reganosa, coas finalidades expresadas no apartado 5, salvo si o seu tratamento se basea no interese lexítimo, nun precontrato ou contrato co interesado, no cumprimento dunha obrigación legar ou en cumprimento dunha misión de interese público. Así mesmo, o usuario será considerado responsable da veracidades dos datos aportados, comprometéndose a non proporcionar datos falsos e a corrixir aqueles incorrectos que facilitase. No seu caso, en aqueles formularios que os conteñan, os campos acompañados dun asterisco será de obrigado cumprimento.

8.- Calquera usuario que o desexe, pode exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, transferencia e supresión dos seus datos e á limitación ou oposición ao seu trato, conforme ao previsto na Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e Garantía dos Dereitos Dixitais e demais normativa que a desenvolva, conforme aos datos que almacena e trata, mediante o envío dunha solicitude escrita e firmada, incluíndo o seu nome, apelido e fotocopio do DNI ou outro documento acreditativo válido, no que se solicite o exercicio de aqueles dereitos que desexe, a Grupo Reganosa, Punta Promontoiro S/N, 15620 Mugardos (A Coruña).  Este servizo non terá custo algún para o solicitante. Así mesmo, infórmase ao usuario que ten dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos e solicitar a súa tutela en relación co exercicio dos seus dereitos. Non obstante, con carácter previo á presentación de dita reclamación e de forma voluntaria o interesado pode dirixirse ao Delegado de protección de datos da empresa xestora de dereitos do Grupo Reganosa dpo@reganosa.com

9.- Cando un usuario accede á páxina web de Grupo Reganosa podo quedar rexistro de parámetros tales como a dirección IP do usuario que se conecta, as páxinas visitadas, a data e a hora de conexión, así como calquera outro datos recollido a través das cookies e dispositivos de almacenamento e recuperación de datos que se indique na política de cookies e de acordo ás condicións e finalidades descritas (https://www.reganosa.com/es/politica-cookies).

10.- Grupo Reganosa resérvase a facultade de efectuar, en calquera momento e sen necesidade de previo aviso, modificacións e actualizacións da información contida na súa web ou na configuración e presentación desta.

11.- Grupo Reganosa non se fai responsable dos posibles erros de seguridade que se poidan producir nin dos posibles danos que se poidan causar no sistema informático do usuario como consecuencia da presenza de virus no ordenador empregados para a conexión aos servizos e contidos de www.reganosa.com, dun mal funcionamento do navegador ou do uso de versións non actualizadas do mesmo.