Capacidade dos tanques
2 x 150.000 m3
A nosa terminal de Mugardos, no porto de Ferrol, entra en operación en novembro de 2007. Pon á disposición do sistema unha capacidade de 3,6 bcm (billion cubic meters) anuais de gas natural (o 14 % da demanda española de gas natural en 2014). O seu deseño destaca pola utilización de solucións punteiras que garanten a eficiencia da terminal. O seu pantalán admite a atracada de calquera buque gaseiro dos que compoñen a frota mundial. Os brazos de descarga conéctanse con dous tanques que permiten almacenar até 300.000 metros cúbicos de GNL e conservar o gas natural licuado a unha temperatura de -160 C a presión atmosférica. O GNL almacenado pode ser cargado en buques ou cisternas ou enviado ás instalacións de regasificación da planta. Estas efectúan o cambio de fase do GNL ao seu estado gasoso a través de dous vaporizadores de auga de mar e un de reserva de combustión mergullada. Posteriormente o gas natural é inxectado á rede de transporte.
2 x 150.000 m3
3 x160 t/h
12.000 m3/h
2.000 m3/h
35 cisternas/día
15.600 m3-266.000 m3
115,2 GWh/d