Reganosa apoia e patrocina actividades sociais e iniciativas solidarias con tres obxectivos fundamentais: acción social, fomento do deporte e hábitos saudables, e promoción artística e cultural. A selección dos proxectos nos que se colabora realízase mediante a identificación das necesidades da contorna, de forma proactiva ou a través da recepción de peticións dos axentes interesados.
Somos patrocinadores do Rácing de Ferrol, fundado en 1919, en cuxo palmarés figura ser subcampión da Copa de España. Na tempada 2023/24 xoga na Segunda División.
O Rácing de Ferrol realiza un destacado traballo na promoción do deporte entre a mocidade e participa de moitos dos valores da cultura de empresa de Reganosa.
Colaboramos co Club do Mar de Mugardos, a organización de remo con máis historia, máis títulos e máis arraigamento social da ría de Ferrol. Fomenta o deporte do remo e a paixón polo mar en todas as categorías de idade, desde alevíns a sénior, e faino con distintos tipos de embarcacións, tanto de banco móbil como fixo e outras actividades deportivas.
Os remeiros do Club do Mar de Mugardos alcanzaron éxitos moi importantes. A súa principal tripulación actual é a sénior de traiñeiras, que compite na Liga Galega de Traíñas. Ten dous campionatos de España de bateis na súa máxima categoría e nove de Galicia, entre outros trofeos.
Apoiamos ao Galicia de Mugardos, fundado en 1952. Este equipo milita na Preferente Galicia Grupo 1 - Norte na tempada 2023/24.
O Galicia de Mugardos destaca polo seu labor como impulsor da práctica do deporte a todos os niveis. Ten equipos en todas as categorías de idades, tanto femininos como masculinos, desde infantís a sénior.
O Parrulo Fútbol Sala é un equipo de fútbol sala que funciona como unha escola. Está presente nas distintas categorías de fútbol sala base, desde chupetes ata xuvenil, e o seu primer equipo xoga na Segunda División da LNFS.
O Club Universitario de Ferrol, tamén coñecido como Baxi Ferrol, é un equipo de baloncesto feminino que milita na Liga Feminina.