Somos unha empresa dedicada ao transporte e regasificación de gas natural, autorizada e designada polo Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo como xestor da rede de transporte (TSO), tras un proceso de certificación aprobado pola Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia e a Comisión Europea. Os activos que xestionamos son fundamentais para garantir a seguridade de subministración e a diversificación de orixes no ámbito europeo.
Desenvolvemos infraestruturas incorporando no seu deseño criterios de seguridade e respecto ao medio ambiente, cun dimensionamento adecuado e utilizando as últimas tecnoloxías dispoñibles. Aseguramos o cumprimento dos estándares de calidade, o investimento e os prazos, a través de esixentes procedementos de planificación e supervisión. Operamos e mantemos infraestruturas de forma segura, eficiente e flexible. Implantamos estritos procedementos e sistemas de xestión e mantemos un exhaustivo control e medición da enerxía que nos confían. Tomamos ademais todas as medidas necesarias para adaptarnos e dar cumprimento ás crecentes demandas loxísticas do sector do gas natural. A través do noso día a día acumulamos unha valiosa experiencia que nos permite asesorar a autoridades reguladoras e participar con outros axentes do sector en proxectos de infraestruturas.
Buscamos constantemente novas formas e ferramentas para realizar o noso traballo. Creamos novos métodos de medición e control de impacto ambiental. Innovamos na actividade diaria desenvolvendo aplicacións informáticas propias para a xestión de permisos de traballo, organización de quendas e seguimento dos sistemas integrados de seguridade, medio ambiente e calidade. Desenvolvemos ferramentas que nos permiten planificar redes de transporte minimizando os seus custos de investimento e operación. Mantemos abertas liñas de estudo para a aplicación do GNL en novos ámbitos.
Non concibimos o desenvolvemento da nosa actividade sen as colaboracións que mantemos con institucións e empresas. Pola natureza do noso traballo cooperamos con autoridades reguladoras, organismos públicos e centros de investigación na procura das mellores solucións para proporcionarlle á sociedade a enerxía que necesita. Cremos no valor que produce o traballo conxunto entre empresas e universidades, garantindo a transferencia do coñecemento. Fomentamos a alianza con estaleiros, armadores, industrias e outras empresas do sector enerxético, xerando valor.