Os nosos compromisos
Política de Seguridade e Saúde, Medio Ambiente e Calidade
A presente Política define os principios en materia de seguridade e saúde laboral, medio ambiente e calidade, aplicables a todos os profesionais das sociedades que forman parte do Grupo Reganosa. Os compromisos que asume Reganosa no desenvolvemento das diferentes actividades son os seguintes:
- Control da xestión e dos riscos: Reganosa dispón dun Sistema Integrado de Xestión certificado e revisado periodicamente segundo normas e estándares internacionais cuxo obxectivo é configurar servizos que aporten valor, mantendo a máxima protección do medio ambiente e garantindo a seguridade e a saúde. Así mesmo, Reganosa conta cun sistema de xestión dos riscos e oportunidades clave nas súas áreas de actividade.
- Compromiso de mellora continua: Reganosa cumpre de forma estrita a lexislación e a normativa aplicable ás súas actividades e, en particular, en materia de xestión ambiental, en seguridade e prevención de accidentes graves naquelas infraestruturas onde é aplicable e asume de maneira voluntaria controis adicionais. Ademais, Reganosa mellora de forma continua os seus procesos, establecendo obxectivos específicos e sistemas de medición do seu cumprimento.
- Formación continua do persoal: Reganosa establece programas de formación para os seus profesionais, orientados á excelencia e ao desenvolvemento do coñecemento técnico necesario en cada área de actividade. Estes programas complétanse cun sistema de avaliación do desempeño e coa realización de simulacros e prácticas.
- Liderado e responsabilidade: Os principios de seguridade, saúde e medio ambiente son unha responsabilidade de todos e cada un dos profesionais de Reganosa.
- Incorporación de criterios de seguridade, saúde e desenvolvemento sostible: Reganosa inclúe criterios de seguridade, saúde e desenvolvemento sostible ao longo do ciclo de vida das operacións do Grupo. Reganosa comprométese a proporcionar condicións de traballo seguras e saudables en todas as súas actividades e a protexer o entorno e a reducir os efectos no cambio climático, respectando a biodiversidade e fomentando o uso eficiente da enerxía e os recursos naturais.
- Comunicación, participación e consulta: Reganosa comparte de forma accesible, rigorosa e transparente a información cos seus grupo de interese. Adicionalmente, estableceu canles de diálogo e comunicación permanentes, tanto internos como externos, que permiten dar resposta a todas as preguntas e solicitudes de información recibidas.
A Dirección de Reganosa comprométese a facilitar os medios humanos e materiais necesarios para que esta Política sexa recibida, implantada e respectada por todos os profesionais do Grupo e colaboradores externos.