Desde Reganosa prestamos un servizo flexible e áxil aos nosos clientes. Así o lembrabamos no Business Breakfast organizado en Frankfurt pola Cámara Oficial Española de Comercio en Alemaña, en colaboración con Dentons in Deutschland. Da man de Jesús Losada Maseda, responsable de desenvolvemento comercial, e Pablo Aguiar Figueira, resposanble administrativo en Alemaña, explicamos como puidemos apoiar alí algúns proxectos urxentes, como o da terminal de importación de GNL de Lubmin e a de Brunsbüttel.
A nosa presenza en Alemaña permitiunos tamén dar soporte a iniciativas estratéxicas como a terminal flotante de GNL de Mukran —a maior do mundo do seu tipo— e o desenvolvemento do proxecto de hidróxeno verde H2 Lubmin, incluíndo estudos de viabilidade e asistencia técnica.