Legal
Aviso legal
En cumprimento das obrigas dispostas na Lei 34/2002, de 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico (LSSICE), facilitámoslle de forma permanente, doada, directa e gratuíta a seguinte información:
DATOS IDENTIFICATIVOS
- Nome do titular do sitio web: Reganosa Holdco, SA, en diante, Reganosa
- Número de identificación fiscal: A70537543
- Inscrición rexistral: Rexistro Mercantil da Coruña, tomo 3631, folio 210, sección xeral, Folla C-56470
- Domicilio social: Punta Promontoiro s/n, 15620 Mugardos (A Coruña).
- Correo electrónico: [email protected]
- Teléfono: +34 981 930 093
O Grupo Reganosa está integrado pola matriz Reganosa Holdco, SA as filiais Regasificadora del Noroeste, SA, Reganosa Servicios, SLU (Reganosa Malta, Ltd., Reganosa Ghana, Ltd., Reganosa Italia, Srl, Reganosa Deutschland, GmbH e Centro Innovación e Investigación Matemática RPO, SL) e Reganosa Asset Investments, S.L. (H2Pole, SLU), xunto co resto das súas sociedades dependentes.
Este sitio web está integrado polos dominios reganosa.com e reganosa.es, cuxo titular é Regasificadora del Noroeste, S.A., e os dominios asociados, www.energiaoiio.com e www.muselehub.es
CONDICIONES GENERALES DE USO DE LA WEB
OBXECTO
As presentes Condicións Xerais regulan o uso da páxina web de Reganosa, incluíndo o mero acceso.
Toda persoa que acceda e navegue pola presente páxina web adquire a condición de persoa usuaria, e declara dispoñer da capacidade legal suficiente para aceptar as condicións regulatorias vixentes en cada momento.
Os contidos e servizos que Reganosa pon á disposición da persoa usuaria no sitio web poderán, así mesmo, quedar regulados polas Condicións Particulares que, en caso de conflito, prevalecerán sobre as Condicións Xerais.
Cada vez que a persoa usuaria acceda, navegue, solicite ou utilice o contido ou os servizos de Reganosa debe ler atentamente estas Condicións e as Condicións Particulares que, se proceden, regulen servizos específicos.
En todo caso, Reganosa reserva o dereito de modificar, en calquera momento, a presentación e a configuración do sitio web, tanto as Condicións Xerais como as Condicións Particulares, sen que exista obriga de avisar ou poñer en coñecemento das persoas usuarias esas obrigas, polo que se entende que abonda coa súa publicación neste sitio web.
USO DA WEB
A web non constitúe unha fonte de asesoramento nin un medio para formalizar unha relación comercial nin de ningún outro tipo entre a persoa usuaria e Reganosa, agás que así se determine mediante a aceptación expresa de condicións particulares.
Agás que se dispoña outra cousa nas Condicións Particulares, o uso do sitio web terá carácter gratuíto, sen prexuízo do custo de conexión que teña para a persoa usuaria o acceso á correspondente rede de telecomunicacións.
Na utilización da web, a persoa usuaria comprométese a usala correctamente e a non levar a cabo ningunha conduta que puidese prexudicar a imaxe, os intereses e os dereitos de Reganosa ou de terceiros, que puidese danar, inutilizar ou sobrecargar a web ou que impedise a súa normal utilización.
Reganosa adopta as medidas de seguridade que considera razoablemente adecuadas, pero a persoa usuaria debe ser consciente dos riscos de seguridade de Internet.
A persoa usuaria é consciente e acepta, voluntaria e expresamente, que o uso da web se realiza, en todo caso, baixo a súa única e exclusiva responsabilidade.
CONTIDOS
Os contidos da web, que poden ser modificados en calquera momento e sen necesidade de preaviso, son postos á disposición da persoa usuaria con información procedente tanto de fontes propias como de terceiros, e teñen carácter informativo, agás que expresamente se declararen doutro xeito en servizos específicos.
Reganosa procura que os contidos sexan da maior calidade posible e estean razoablemente actualizados, pero non garante a utilidade, exactitude, exhaustividade, pertinencia ou actualidade dos contidos.
DEREITOS DE PROPIEDADE INTELECTURAL E INDUSTRIAL
Reganosa advirte que non cede ningún dereito de propiedade intelectual ou industrial sobre o sitio web nin sobre ningún dos seus elementos integrantes. Queda expresamente prohibida a súa reprodución, transformación, distribución, comunicación pública, posta á disposición, extracción, reutilización, reenvío ou utilización de calquera natureza, por calquera medio ou procedemento de calquera deles, agás nos casos en que estea legalmente permitido ou sexa autorizado, previamente e por escrito, polo titular dos correspondentes dereitos.
A persoa usuaria poderá visualizar e obter unha copia privada temporal dos contidos, limitada ao seu exclusivo uso persoal e privado nos seus sistemas informáticos, e comprométese a non utilizalos coa finalidade de desenvolver actividades de carácter comercial ou profesional ou que entrañen risco de dano para Reganosa. A persoa usuaria deberá respectar en todo momento a totalidade dos dereitos de propiedade intelectual e industrial do sitio web, de titularidade de Reganosa.
HIPERENLACES E SITIOS ENLAZADOS
Non está permitido establecer hiperenlaces ou calquera dispositivo técnico de enlace, por exemplo, ligazóns ou botóns, á web de Reganosa, agás que obtivese autorización previa e por escrito.
Reganosa reserva o dereito de prohibir ou inutilizar en todo momento calquera hiperenlace á web, especialmente nos supostos de ilicitude da actividade ou contidos do sitio web no que se inclúe o hiperenlace. En calquera caso, Reganosa non asume ningún tipo de responsabilidade sobre a información e contidos de terceiros.
En ocasións e en relación coa prestación de servizos que se posibilitan a través do sitio web, é posible que redirixan as persoas usuarias a sitios web de terceiros. Reganosa non responde da legalidade do sitio web nin dos seus contidos, que se rexen polas súas propias condicións e políticas, polo que é responsabilidade da persoa usuaria aceptalas.
USO DE COOKIES
Este sitio web utiliza cookies técnicas necesarias para garantir o correcto funcionamento e visualización do sitio web e coñecer as súas preferencias de uso. A persoa usuaria pode configurar o seu equipo para xestionar o uso de cookies de acordo co disposto na Política de cookies.
TRATAMENTO DE DATOS PERSOAIS
Reganosa non solicita datos persoais das persoas usuarias sen o seu coñecemento. Por iso, informa a quen facilite datos persoais, a través de calquera dos modos previstos no sitio web, de que os seus se tratarán de conformidade co disposto na normativa de aplicación e na Política de privacidade.
RESPONSABILIDADE
Reganosa exímese de calquera tipo de responsabilidade por danos e perdas derivada da información publicada no seu sitio web, interrupción de funcionamento ou falta de dispoñibilidade. Tampouco se fai responsable da información e contidos almacenados, a título enunciativo, pero non limitativo, en chats, blogs, comentarios e redes sociais nin nos espazos web de terceiros accesibles dende este sitio web. Así mesmo, non é responsable do uso que realicen terceiros da información publicada, nin os danos ou perdas que, directa ou indirectamente, de forma material ou inmaterial poidan derivarse do uso da información.
Reganosa en ningún caso se fai responsable dos posibles erros de seguridade que se poidan producir, nin dos posibles danos que se poidan causar no sistema informático da persoa usuaria, como consecuencia da presenza de virus no ordenador empregado para a conexión ao sitio web, dun mal funcionamento do navegador ou do uso de versións non actualizadas deste.
En cumprimento da LSSICE, Reganosa atópase á disposición das persoas usuarias, autoridades e forzas de seguridade para colaborar de forma activa na retirada e, se for o caso, bloqueo dos contidos que contraveñan a lexislación nacional ou internacional, os dereitos de terceiros ou a moral e a orde pública.
LEI APLICABLE E XURISDICIÓN
Estas Condicións Xerais están redactadas en orixe en español e réxense pola lei común española e, agás que se estableza outra cousa na normativa aplicable, calquera conflito que xurda será sometido polas partes aos xuíces e tribunais da Coruña.
ENDEREZOS DE CONTACTO
No caso de que calquera persoa usuaria tivese algunha dúbida acerca destas Condicións Xerais ou desexe realizar calquera notificación ou comentario sobre a web, por favor diríxase a [email protected]
Copyright 2024 Reganosa. Prohibida a súa reprodución total ou parcial. Reservados todos os dereitos.
