Legal

Política de privacidade

O obxectivo da presente Política de privacidade é informar as persoas usuarias que accedan e naveguen no sitio web, e a quen subministre datos persoais, sobre os tratamentos de datos que Reganosa realiza, de acordo co disposto na normativa de aplicación: o Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos, polo que se derroga a Directiva 95/46/CE, en diante RXPD, e a Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais, en diante LOPDGDD.

O noso propósito é realizar un tratamento de datos transparente, lícito e leal, e aplicar as medidas de seguridade que resulten adecuadas para garantir a confidencialidade, integridade e dispoñibilidade da información recollida no dominio, os subdominios e as distintas seccións do sitio web.

Esta política contén unha descrición xeral do tratamento de datos realizado por Reganosa, en relación co uso e os servizos accesibles dende o sitio web, sen prexuízo de que, en seccións específicas, se proporcione información adicional regulatoria do tratamento de datos, como, con carácter enunciativo, pero non limitativo, nas condicións de uso, as cláusulas xerais de contratación, a canle de denuncias ou a área de talento.

Con carácter previo a calquera comunicación de datos persoais, é responsabilidade da persoa usuaria ler esta política, as condicións e as advertencias legais contidas nos distintos formularios de recollida de datos. Se non está conforme con esta política e, se for o caso, coa información adicional regulatoria, non debe utilizar ningún servizo accesible dende este nin realizar comunicación ningunha a través das canles habilitadas para tal fin. Pola contra, considérase que este contido regulatorio é aceptado expresa e plenamente pola persoa usuaria se utiliza o sitio web e os seus servizos, ou proporciona datos persoais a través das canles de comunicación habilitados.

1. Responsable do tratamento

Reganosa Holdco, SA, con NIF A70537543, é a sociedade matriz responsable do tratamento dos datos xunto coas sociedades filiais e dependentes.

Está inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña, tomo 3631, folio 210, sección xeral, folla C-56470 e con domicilio social en Punta Promontoiro s/n, 15620 Mugardos (A Coruña).

O Grupo Reganosa está integrado pola matriz Reganosa Holdco, SA as filiais Regasificadora del Noroeste, SA, Reganosa Servicios, SLU (Reganosa Malta, Ltd., Reganosa Ghana, Ltd., Reganosa Italia, Srl, Reganosa Deutschland, GmbH e Centro Innovación e Investigación Matemática TOP, SL) e Reganosa Asset Investments, S.L. (H2Pole, SLU), xunto co resto das súas sociedades dependentes.

Cada unha das sociedades indicadas é responsable do tratamento dos datos persoais que solicita e trata, ademais, a matriz do Grupo é, á súa vez, corresponsable de tratamento ao que se refire a presente Política de privacidade.

O noso enderezo de correo electrónico de contacto é [email protected] e o teléfono xeral de contacto é +34 981 930 093

Para cuestións relacionadas co tratamento dos seus datos, pode dirixirse ao noso delegado de protección de datos no enderezo [email protected]

2. Recollida de datos e finalidades do tratamento

Infórmase a persoa usuaria que, cando contacta con Reganosa a través das canles de comunicación publicadas ou mediante a formulación de solicitudes ou rexistros dos seus datos, unicamente trataremos os seus datos para as finalidades de recollida e coa lexitimación que se indica:

· Na atención de consultas, solicitudes de información e peticións realizadas pola persoa usuaria, trataremos os datos identificativos mínimos necesarios para manter o contacto sobre a base do interese lexítimo.

· Na xestión comercial, administrativa e de contacto profesional con provedores e subcontratistas, incluída a xestión e cumprimento das esixencias de seguridade e comunicación previstas legalmente para operar o servizo contratado, trataranse os datos facilitados sobre a base do interese lexítimo, a relación contractual ou precontractual establecida entre as partes e o cumprimento de obrigas legais.

· Os datos relacionados coas comunicacións de sistema interno de información e a canle de denuncias trátanse de acordo coa súa propia política, para cumprir as obrigas establecidas na normativa de aplicación e sobre a base do interese lexítimo.

· Os datos das persoas que teñan interese en formar parte do equipo Reganosa trataranse de conformidade coas condicións de particulares de uso indicadas nesa sección web. O tratamento de datos baséase no acordo co interesado, o interese lexítimo e o consentimento expreso e inequívoco da persoa interesada.

· Na atención e xestión de queixas, suxestións e reclamacións, tratamos os datos para cumprir obrigas legais e sobre a base do interese lexítimo de Reganosa.

· Na xestión da seguridade do sitio web e a realización de análises e estatísticas sobre hábitos de uso e preferencias das persoas usuarias, os datos trátanse de conformidade co disposto na Política de cookies Este tratamento de datos fundaméntase no interese lexítimo e no consentimento libre e expreso emitido polas persoas usuarias.

· Na xestión da interacción coas persoas seguidoras de redes sociais, tratamos información relacionada coas publicacións e comunicacións difundidas nos perfís corporativos de Reganosa. Tratamos esta información sobre a base do interese lexítimo e de acordo coa configuración que a persoa usuaria realice en cada unha delas, que se rexen polas súas propias condicións e políticas de privacidade. Recomendamos ás persoas usuarias que lean detidamente cada unha das políticas de privacidade das redes sociais e decidan sobre os seus intereses e a súa conformidade coa información persoal que recompilan e comparten.

A persoa usuaria que envía correos electrónicos, cobre formularios ou utiliza calquera outro mecanismo de comunicación con Reganosa declara ser a titular dos datos ou o seu representante, e é responsable da veracidade e exactitude dos datos achegados, polo que se compromete a non proporcionar datos falsos e a corrixir aqueles incorrectos que facilitase.

Ademais, Reganosa informa as persoas usuarias que, ao acceder e navegar no sitio web, poden quedar rexistrados algúns parámetros que non identifican nominalmente á persoa, tales como as páxinas e seccións visitadas, a data e a hora da conexión, o enderezo IP dende o que se conecta, así como calquera outro dato recollido a través das cookies e dispositivos de almacenamento e recuperación de datos, todo iso co fin de mellorar os servizos e facilitar o uso do sitio web, de acordo coa Política de cookies e as condicións e finalidades descritas.

3. Conservación dos datos

Os datos persoais tratados conservaranse mentres se manteña a finalidade para a que se recolleron e así o permita a base xurídica que lexitima o tratamento, sempre que a persoa usuaria non solicite a súa supresión ou, se for o caso, revogue o seu consentimento. Tamén se conservarán mentres as normas vixentes esixan cumprir obrigas legais ou resulten necesarios para atender posibles responsabilidades derivadas das finalidades do tratamento dos datos.

4. Comunicacións de datos

Reganosa informa a persoa usuaria que, coa aceptación desta Política de privacidade, presta o seu consentimento para tratar os datos persoais recollidos a través da súa páxina web polas compañías do Grupo Reganosa, coas finalidades indicadas e sen que estean previstas máis comunicacións, agás que unha obriga legal así o determine. Así mesmo, infórmase a persoa usuaria que os seus datos poderán ser tratados por entidades que prestan servizos auxiliares, como tarefas de asistencia e administración de sistema. Ademais, Reganosa informa as persoas titulares dos datos de que non leva a cabo transferencias internacionais dos datos persoais a países nin organizacións internacionais, á marxe das empresas do Grupo.

5. Dereitos das persoas usuarias

As persoas titulares dos datos, directamente ou mediante representación válida, poden exercitar os seus dereitos de acceso, rectificación, portabilidade e supresión dos seus datos e de limitación ou oposición ao seu tratamento, así como o dereito a revogar o consentimento prestado, no caso de que cumpran os requisitos establecidos na normativa de aplicación. Para iso, a persoa interesada debe identificarse de forma inequívoca e remitir unha solicitude escrita e asinada dirixida a Reganosa, Punta Promontoiro s/n, 15620 Mugardos (A Coruña). Este servizo non terá custo ningún para a persoa solicitante. Así mesmo, infórmase a persoa usuaria de que ten dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos e solicitar a súa tutela en relación co exercicio dos seus dereitos. Non obstante, antes de presentar a reclamación e de forma voluntaria, a persoa interesada pode dirixirse ao delegado de protección de datos da empresa xestora de dereitos do Grupo Reganosa: [email protected].

6. Actualización e modificacións desta política

Reganosa reserva a facultade de efectuar, en calquera momento e sen necesidade de preaviso, modificacións e actualizacións da información contida nesta Política de privacidade, revisada en decembro de 2024.