Talento
foto

REGANOSA FELICITA AO UNI FERROL POLA SÚA EXCELENTE TEMPADA NA ELITE

Os traballadores da terminal de GNL de Mugardos desexan ao equipo de baloncesto a mellor das sortes nos playoffs polo título da Liga Femenina de España, que arrancan este xoves

MUGARDOS, 22 de abril de 2025.-

Reganosa trasladou esta tarde ás xogadoras, corpo técnico e directivos do Uni Ferrol a súa felicitación pola excelente tempada 2024-2025 que o club asinou na elite do baloncesto, durante a cal conseguiu o subcampeonato da Eurocup Women e, por segundo ano consecutivo, clasificouse para loitar polo título da liga Feminina de España. No marco dun encontro na terminal de gas natural licuado de Galicia, en Mugardos (A Coruña), os traballadores da mesma desexaron a mellor das sortes ás integrantes do equipo nos playoffs polo título, que arrincan este xoves no pavillón da Malata cun partido #ante o líder da fase regular: o Girona. A volta celebrarase na localidade catalá o domingo 27.

En representación do persoal, a responsable da planta, Nuria Rivas, recibiu das xogadoras unha camiseta conmemorativa. “Durante os últimos meses non fixestes máis que darnos alegrías e ilusionarnos; comprobamos que era certo, que onde acaba o mar empezan os soños. Conquistástesnos a todas. […] Fostes as mellores embaixadoras de Ferrolterra e dos valores positivos asociados ao deporte, podedes estar orgullosas. Parabén e grazas!”, correspondeulles.

Ademais, Rivas explicou ás xogadoras que nas instalacións de Mugardos leva a cabo un labor crave para a seguridade da subministración enerxética no noroeste perninsular, así como para favorecer o despregamento das renovables. Contoulles tamén como Reganosa, constituída hai 26 anos, evolucionou ata o que é hoxe: unha corporación global que xa desenvolveu actividades en 30 países; intégrase nun grupo que opera activos básicos en Europa, Asia e África; é referente mundial na xestión de infraestruturas enerxéticas; é propietaria e operadora da terminal de GNL de Galicia; posúe un 25 % do Musel E-Hub, en Xixón (Asturias); e promove proxectos de almacenamento enerxético, renovables, economía circular, hidróxeno verde, eficiencia enerxética e dixitalización.