Humildade e traballo.
Ese é o lema deste Uni, que con tanto esforzo, paixón e constancia fai que miles de ferroláns soñemos cos playoffs. Agora máis que nunca, unímonos ante un encontro tan importante como o de mañá.
Onte tivemos a oportunidade de recibir ás xogadoras, corpo técnico e directivos do club na terminal de GNL de Galicia, en Mugardos. Alí puidemos felicitar ás mosqueteiras pola excelente tempada que están a asinar e desexarlles a mellor das sortes para as eliminatorias polo título da liga Feminina.
Alba, Julie, Gala, Ángela, Branca, Claire, Noa, Moira, Jori, Carlota e Elena: todo Ferrol está convosco. Ese Uni!