Talento
Miguel Ángel Flórez - Connecting Hydrogen Europe

Hidróxeno, dixitalización e territorio: as chaves para unha transición xusta

Hoxe tivemos o privilexio de participar en dúas sesións intensas e estimulantes do Connecting Hydrogen Europe Summit, onde o noso director de servizos, Miguel Ángel Flórez, puido compartir a visión de Reganosa sobre como acelerar o despregamento da economía do hidróxeno desde o territorio.

En “Vales de Hidróxeno: Catalizadores da Transformación Enerxética Rexional”, expuxo como en Reganosa actuamos, cun enfoque colaborativo, tanto como desarrolladores de infraestruturas enerxéticas propias como asesores estratéxicos para os nosos clientes durante todo o ciclo de vida dos seus proxectos, catalizando así a transición cara ao hidróxeno. Subliñou a importancia da dixitalización mediante ferramentas como DTSO, que nos permiten simular, optimizar e anticipar decisións en proxectos reais na contorna incerta actual. Estas capacidades non son teóricas: estamos a aplicalas internamente e cando prestamos apoio a outros proxectos internacionais en Grecia e Alemaña.

En “Proxectos de Hidróxeno en España: Liderando o Camiño cara a Economías Net-Zero”, o director presentou H2Pole, o noso gran hub de hidróxeno en Galicia. Este proxecto non só destaca por ser un exemplo de colaboración público-privada, senón tamén por ser un motor de transición xusta, xa que achega novas oportunidades industriais ás zonas afectadas polo peche de centrais eléctricas convencionais. Inclúe un ecosistema de hidróxeno completo: produción de H? verde, infraestrutura, acordos de compra e integración con outros vectores enerxéticos.