Talento
Rega_chocolatada 3

A Navidade en equipo: así vive Reganosa as súas tradicións corporativas

As tradicións compartidas forman parte da identidade das organizacións e contribúen a fortalecer os vínculos entre as persoas. En Reganosa, os encontros do Nadal consolidáronse como unha oportunidade para reforzar o espírito de equipo e poñer en valor a cultura corporativa.

Un ano máis, o persoal celebrou estas datas nun ambiente marcado pola creatividade, o entusiasmo e o compromiso común. Entre os momentos máis destacados estivo a reinterpretación do tradicional “ugly jumper”, convertido en “ou noso xersei tolo”, un símbolo do carácter propio e a identidade compartida da organización.

A xornada incluíu tamén un clásico que nunca falla, o chocolate con churros, que puxo o broche final a un encontro pensado para compartir e fortalecer a convivencia.

Iniciativas como esta reflicten a importancia das persoas en Reganosa e contribúen a consolidar unha cultura corporativa baseada na colaboración, o respecto e o compromiso compartido.