Talento
camara hispano -alemana-140725

Un ‘hub’ enerxético para impulsar a industria renovable hispanoalemana

A semana pasada tivemos o privilexio de participar nunha xornada moi enriquecedora na Embaixada de España en Berlín, organizada pola Cámara Oficial Española de Comercio en Alemaña e a Cámara de Comercio Hispano-Alemá, á que asistiu a noso director de servicios, Miguel Ángel Flórez.

Durante a mañán, celebrouse a primeira toma de contacto do grupo de traballo Enérgica, unha nova plataforma que aspira a convertirse no punto de encontro e representación do sector renovable español en Alemaña.

Pola tarde, continuamos cunha sesión centrada no futuro do mercado eléctrico e o papel cada vez máis relevante dos power purchase agreements (PPAs) no marco do European Clean Industry Deal, un debate de alto nivel.

En Reganosa estamos moi ilusionados por poder contribuir activamente ao fortalecemento da colaboración enerxética entre España y Alemaña. Apostamos por unha Europa máis interconectada, resiliente e sostible, e este tipo de encontros son esenciais para construir pontes sólidas entre mercados e compartir experiencias que impulsen solucións comúns.

Se queres ler a noticia completa: https://www.coeca.de/?p=26973&lang=es