Desde Reganosa Servicios damos un novo paso cara adiante no noso compromiso coa sostibilidade e a descarbonización do sector enerxético. Pasamos a formar parte de A3E, a Asociación Nacional de Empresas de Eficiencia Enerxética, unha organización de referencia que impulsa solucións responsables, innovadoras e aliñadas cos retos enerxéticos actuais.
A nosa incorporación a A3E supón reforzar a nosa aposta por un modelo enerxético máis eficiente, competitivo e respetuoso co entorno. Esta alianza permitiranos compartir coñecementos con outras entidades líderes do sector, participar en iniciativas de mellora continua e contribuir activamente ao desenvolvemento de normativas e boas prácticas que marcan o futuro da eficiencia enerxética en España.
Como empresa con experiencia internacional e vocación transformadora, asumimos este paso como unha oportunidade para seguir crecendo, colaborar en proxectos de alto impacto e potenciar a innovación en todos os nosos servicios. Dende a análise e a optimización de infraestruturas ata a xestión integral de proxectos enerxéticos, queremos seguir aportando solucións que axuden a avanzar cara un modelo máis sostible e tecnolóxicamente avanzado.
Podes consultar a nosa ficha de asociado e coñecer máis sobre a nosa participación na organización na web oficial de A3E: https://a3e.es/organization/8851/



