Talento
1768468403598

Reganosa Servicios: experiencia global para o desenvolvemento de infraestruturas enerxéticas

En Reganosa, o coñecemento e a experiencia forman parte esencial da nosa proposta de valor. Desde 2015, a través de Reganosa Servicios, acompañamos os nosos clientes no deseño, desenvolvemento e operación de infraestruturas enerxéticas, ampliando progresivamente a nosa presenza internacional ata acadar proxectos en 35 países dos cinco continentes.

O noso enfoque integral permítenos cubrir todo o ciclo de vida dos activos enerxéticos, desde os estudos de viabilidade iniciais ata a operación e o mantemento, adaptándonos ás particularidades técnicas, regulatorias e ambientais de cada contorno.

Aportamos valor mediante auditorías técnicas e operativas, servizos de enxeñaría e xestión de proxectos, consultoría en operación e asesoramento ambiental, sempre cunha visión a longo prazo e unha xestión rigorosa orientada á excelencia operativa.

A combinación de experiencia global, coñecemento especializado e compromiso coa mellora continua reforza o papel de Reganosa como socio estratéxico no desenvolvemento de infraestruturas enerxéticas sostibles e eficientes.