Talento
Delimara

Os grandes momentos de Reganosa no 2025

Para pechar o ano, en Reganosa compartimos un repaso a algunhas das noticias máis destacadas de 2025, un exercicio que reflicte os principais fitos alcanzados e a evolución da compañía ao longo dos últimos meses.

O ano estivo marcado pola consolidación da nosa expansión internacional, que nos levou a operar xa en 35 países, así como polos logros dos equipos de Ferrolterra, cuxo traballo foi clave para seguir impulsando o crecemento e a excelencia operativa.

Entre os avances máis relevantes, destaca tamén o posicionamento da terminal de GNL de Mugardos como unha das máis eficientes do sistema español, situándose en segundo lugar, só por detrás da instalación vasca. A iso súmase o recoñecemento de Reganosa como empresa tractora a nivel salarial, un reflexo do compromiso co desenvolvemento económico e social da nosa contorna.

Un conxunto de fitos que consolidan un ano de progreso, crecemento e fortalecemento do proxecto común.

  1. A nosa expansión internacional ata operar en 30 países
  2. Os éxitos do Uni Ferrol e a súa visita á terminal de GNL de Mugardos
  3. O balance do noso primeiro semestre do ano
  4. A nosa chegada a Australia e a Oceanía:
    https://www.reganosa.com/squadron-energy-elige-a-reganosa-para-operar-y-mantener-una-nueva-terminal-de-gnl-en-australia/
    https://www.reganosa.com/reganosa-se-afianza-en-asia-pacifico-y-consolida-su-expansion-global-al-operar-en-los-5-continentes/
  5. O recoñecemento á empresa como tractora a nivel salarial