O noso enxeñeiro de proxectos, Pablo Balado Combarro, participou no congreso DECARBON 2026, un foro centrado no debate sobre enerxía, investimentos e estratexia no contexto da transición enerxética.
Durante a súa intervención, abordou o papel dos operadores de terminais de GNL na descarbonización da cadea de subministración, así como as posibles sinerxías cos procesos de licuefacción do CO?. Unha reflexión orientada a explorar solucións innovadoras que contribúan a reducir emisións e avanzar cara a sistemas enerxéticos máis sostibles.



