Talento
Captura de pantalla 2026-02-18 112434

Impulsando o talento xuvenil: Reganosa acchega o sector enerxético ao estudantado no Foro EQ-ETSE

A conexión entre o ámbito académico e o tecido empresarial é clave para impulsar a innovación e preparar ás novas xeracións de profesionais ante os retos do sector enerxético. Neste contexto, Reganosa participou no Foro EQ-ETSE da Universidade de Santiago de Compostela, un espazo deseñado para fomentar o diálogo entre universidade e empresa, así como para achegar a realidade do sector a estudantes que se atopan na etapa final da súa formación.

Durante a xornada, representantes do departamento de Recursos Humanos —Diana García Gómez, Celsa González e Kiko Costoya— presentaron a actividade da compañía e compartiron a visión de Reganosa sobre o presente e o futuro do sector enerxético. Ademais, tiveron a oportunidade de intercambiar impresións co estudantado, resolver dúbidas e explicar as competencias e perfís profesionais máis demandados nunha contorna en constante transformación.

A participación neste tipo de iniciativas permite a Reganosa reforzar o seu compromiso coa formación e orientación do talento novo, contribuíndo a xerar oportunidades de aprendizaxe e achegando o coñecemento práctico a quen pronto se incorporarán ao mercado laboral. Ao mesmo tempo, estes encontros favorecen a identificación de novas perspectivas e fomentan a colaboración co ámbito universitario, un elemento esencial para avanzar cara a solucións enerxéticas innovadoras e sostibles.

Para Reganosa, impulsar espazos de diálogo como o Foro EQ-ETSE forma parte da súa aposta pola capacitación técnica, a transferencia de coñecemento e o desenvolvemento de novas xeracións de profesionais capaces de afrontar os desafíos enerxéticos do futuro.