Talento
Captura de pantalla 2025-11-17 124116

Galicia como motor do talento global: Reganosa participa na VI Feira de Emprego

Reganosa participou na VI Feira de Emprego organizada por ERLAC – Fundación E.U. de Relacións Laborais da Coruña, un punto de encontro crave entre empresas, estudantes e profesionais interesados nas tendencias que marcarán o mercado laboral do futuro. Nesta edición, o noso responsable de Persoas, Gonzalo Castañeira Sobrino, interveu nunha mesa redonda dedicada a analizar o futuro do traballo nun mundo cada vez máis globalizado.

Durante a súa intervención, Castañeira compartiu a visión de Reganosa sobre como impulsamos o talento desde Galicia cara ao mundo, poñendo en valor o papel da compañía como ponte entre formación, industria e proxección internacional. Entre os aspectos destacados, explicou a nosa colaboración con universidades e centros de FP dual, a atracción de perfís internacionais e a creación de carreiras profesionais con alcance global, elementos que fortalecen a nosa presenza nun sector altamente competitivo e en constante evolución.

O encontro tamén permitiu reflexionar sobre a competitividade do talento galego, o potencial de Galicia como polo de atracción de profesionais e o impacto que a intelixencia artificial terá na configuración do emprego do futuro, desde a automatización de procesos ata a transformación de novos roles.

A mesa resultou especialmente enriquecedora grazas ao intercambio de ideas con outros profesionais do ámbito dos recursos humanos: Borja Vecino Seoane (Grupo Crave), Marcos Ramos, SPHRi – PMP (ABANCA) e Guillermo Hermida Grandío (FiscalGalicia). Un diálogo construtivo que confirma a importancia de seguir compartindo experiencias e traballando xuntos para anticipar os desafíos do mercado laboral.