Talento
ReganosaIMG05122025

Afianzamos a nosa presenza en Asia-Pacífico e consolidamos a nosa expansión global ao operar nos 5 continentes

Continuamos reforzando a nosa presenza global cun novo fito na nosa traxectoria de expansión global. Tras un proceso de selección internacional, fomos elixidos por Squadron Energy, líder en enerxías renovables en Australia, para levar a cabo a operación e o mantemento da parte terrestre da terminal de GNL de Port Kembla. O contrato, que acaba de ser asinado, marca a nosa chegada a Oceanía, permítenos completar a nosa presenza nos 5 continentes e afianza o noso rol na área de Asia-Pacífico. Australia súmase a outros países como Bangladesh, China, Filipinas Hong Kong, India, Xordania, Kuwait, Malaisia, Timor Oriental e Vietnam.

No último ano, demos pasos decisivos para consolidar a nosa presenza no sector enerxético da rexión, abordando proxectos estratéxicos en mercados crave e demostrando unha capacidade de adaptación e excelencia técnica. Australia, Filipinas e Vietnam, entre outros, convertéronse en piares fundamentais desta estratexia rexional.

Máis información.