A terminal de gas natural licuado de Galicia foi, xunto coa do País Vasco, a máis utilizada do sistema español de xaneiro a xuño de 2025, consolidando desta maneira o seu lugar preminente entre as de maior eficiencia. Con picos do 100 % na maioría de días, a planta de Mugardos foi utilizada durante ese período de tempo ao 63 % da súa capacidade máxima como media, fronte ao 67 % rexistrado na de Bilbao, o 32 % na de Sagunto, o 28 % na de Huelva, o 22 % na de Cartaxena e o 17 % na de Barcelona.
En regasificación, a terminal cultivou o seu segundo mellor primeiro semestre de ano, con 13.182 GWh de enerxía emitidos á rede, un 8,3 % máis que no mesmo período do exercicio anterior. A marca queda por detrás da rexistrada en 2023 (15.346) e por diante das de 2021 (12.737), 2024 (12.175), 2022 (10.891), 2008 (9.377), 2020 (8.643) e todos os demais desde a posta en marcha da terminal, en 2007.
“A demanda de gas natural para xeración eléctrica en España aumentou tras o apagamento do 28 de abril e a posterior posta en marcha de medidas para reforzar o sistema eléctrico, incluíndo un incremento da actividade nos ciclos combinados. Á marxe de que non se poden extraer conclusións categóricas cando o tempo transcorrido é tan breve aínda, no noso caso si podemos afirmar que esta circunstancia non supuxo un punto de inflexión, senón a confirmación ou acentuación do que xa viña sendo un bo ano. A regasificación en Mugardos nas catro semanas anteriores ao incidente, por exemplo, aumentara un 27 %”, explica a responsable da nosa planta, Nuria Rivas.
“Seguimos contribuíndo -engade Rivas- ao desenvolvemento sostible de Galicia, á competitividade das súas industrias e fogares, e á descarbonización da súa economía como respaldo das renovables e como substitutos de fontes de menor inserción ambiental. Estamos a xogar un rol crave para garantir a seguridade da subministración en España e Europa no marco da transición enerxética”.
Estes datos publícaos hoxe Beatriz Couce en La Voz de Galicia. A noticia pode lerse aquí: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/economia/2025/07/17/reganosa-reivindica-papel-gas-tras-pechar-segundo-mellor-semestre/0003_202507G17P25993.htm



