Reganosa Servizos segue crecendo no norte Europa cunha nova adxudicación dun contrato marco con GAZ-SYSTEM, operador do sistema gasista nacional de Polonia, para prestar servizos de consultoría comercial e operativa vinculados á nova terminal de GNL de Gda?sk.
Este proxecto é unha das principais apostas estratéxicas do país para reforzar a seguridade de subministración e consolidarse como hub gasista en Europa, nun contexto de diversificación enerxética.
O alcance do contrato inclúe prestar apoio na preparación operativa da terminal, o acompañamento nas fases de posta en marcha e operación inicial, e a asistencia en procesos de contratación. Seguimos posicionándonos como socio técnico de referencia en proxectos clave para a enerxía europea.
Imaxe cortesía de GAZ-SYSTEM.




