REGANOSA PARTICIPA NO LNG INTERNATIONAL SUMMIT DE BARCELONA

04/26 2017

REGANOSA PARTICIPA NO LNG INTERNATIONAL SUMMIT DE BARCELONA

  • Sergio Barral, director de Regulación, participou nun panel sobre terminais de GNL nun foro internacional celebrado en Barcelona
  • As terminais operadas por Reganosa en Galicia e Malta son fundamentais para garantir a seguridade de fornezo enerxético

Reganosa participou como relator no International LNG Summit, un foro internacional sobre gas natural licuado (GNL) que se celebrou esta semana en Barcelona. Sergio Barral, director de Regulación e Estratexia de Reganosa, expuxo a importancia do papel que as terminais de GNL de Mugardos (España) e Delimara (Malta), operadas pola compañía gasística española, desempeñan no fornezo enerxético de ambos países.

Reganosa interveu nun panel titulado “O papel das terminais de GNL no mercado global”, xunto a directivos de Enagás, Desfa ou Gate Terminal, e representante do Ministerio de Enerxía de Croacia.

Ante un auditorio formado por profesionais do sector gasístico europeo, Sergio Barral centrou a súa exposición en mostrar certa coincidencia entre o noroeste de España e a illa de Malta polas súas difíciles conexións enerxéticas co exterior, o que fai que o seu fornezo dependa das infraestruturas que tanto nun caso como no outro xestiona Reganosa. Isto ocasiona que a operación e o mantemento das terminais de Mugardos e Delimara sexa chave para garantir a seguridade de fornezo enerxético de ambas rexións.

O International LNG Summit ofreceu unha visión xeral sobre o mundo do GNL a través de relatorios e paneis de debate con expertos internacionais en gas natural. Representantes das principais compañías relacionadas co sector gasístico, tanto operadoras de terminais como comercializadoras ou empresas de enxeñería, trataron durante dúas xornadas sobre as novas tendencias do mercado, a evolución dos prezos, as innovacións tecnolóxicas ou o desenvolvemento de infraestruturas e operacións a mediana e pequena escala.

Nota de prensa en Word

Nota de prensa en PDF