REGANOSA INCORPÓRASE AO CLÚSTER DO CAMBIO CLIMÁTICO DE FORÉTICA

01/19 2017

REGANOSA INCORPÓRASE AO CLÚSTER DO CAMBIO CLIMÁTICO DE FORÉTICA

  • Xunto á compañía gasista, outras 12 empresas incorpóranse ao Clúster, punto de encontro empresarial en cambio climático
  • O Clúster poñerá especial foco este ano en analizar a resposta empresarial ás implicacións do cambio climático nas cidades e o rol das empresas na próxima Lei de Cambio Climático en España

Reganosa comeza o ano incorporándose ao Clúster de Cambio Climático de Forética. A adhesión de Reganosa a esta iniciativa supón un paso máis no seu compromiso fronte ao cambio climático. A compañía, dedicada ao desenvolvemento e operación de infraestruturas de gas natural, participará en todas as actividades e iniciativas do Clúster.

O Clúster de Cambio Climático é o punto de encontro empresarial en liderado, coñecemento, intercambio e diálogo nesta materia. Formar parte do Clúster comporta o cumprimento dunha serie de requisitos, entre eles dispoñer como empresa dunha estratexia fronte ao cambio climático e publicar periodicamente os indicadores de desempeño nesta materia.

En palabras da Directora de Proxectos e Servizos de Forética e coordinadora do Clúster, Ana Herrero, ‘no seu primeiro ano de existencia, o Clúster reforzou o seu papel como grupo empresarial de alto nivel en materia de cambio climático, trasladando ao contexto español as principais tendencias e conversacións a nivel mundial desta temática desde a perspectiva empresarial, colaborando coas administracións públicas e líderes de opinión, e desenvolvendo unha posición de liderado como punto de referencia español nesta materia’.

Xunto á compañía gasista incorpóranse outras 12 empresas españolas: AENA, Atresmedia, Banco Popular, BT España, Grupo Calvo, CIE Automotive, DHL, Ebro Foods, El Corte Inglés, Ferrovial, Gestamp e Mediaset. Con elas, o grupo está composto por 48 grandes empresas españolas, entre as que se atopan un terzo das empresas cotizadas no Ibex 35, filiais de multinacionais ou empresas familiares. O Clúster conta cunha representación maioritaria por parte de sectores como as finanzas, os seguros, a alimentación, a distribución ou a enerxía.

Forética reuniu hoxe ás seis empresas líderes do Clúster de Cambio Climático para abordar a estratexia do grupo en 2017. Como tendencias chave, poñerase especial foco en analizar a resposta empresarial ás implicacións do cambio climático nas cidades e o rol das empresas na próxima Lei de Cambio Climático en España.

A lista completa de empresas participantes é a seguinte: Abengoa, Accenture, AENA, Atresmedia, Banco Popular, Banco Santander, Bankia, Bankinter, Brico Depôt, BT España, CaixaBank, Carrefour, CIE Automotive, Correos, DHL Supply Chain, Ebro Foods, Ecoembes, El Corte Inglés, Enagás, Endesa, Ferrovial, FYM HeidelbergCement Group, Gestamp, Grupo Calvo, Grupo Quironsalud, Heineken, Indra, LafargeHolcim, Leroy Merlin, Lilly, L´Oréal, Mediaset, Mutua Madrileña, Nestlé, Reale Seguros, Rede Eléctrica, Reganosa, Sacyr, Solvay, Suez, Unilever e Vodafone.

Sobre Forética

Forética é a asociación de empresas e profesionais da responsabilidade social empresarial / sustentabilidade líder en España e Latinoamérica, que ten como misión fomentar a integración dos aspectos sociais, ambientais e de bo goberno na estratexia e xestión de empresas e organizacións. Actualmente está formada por máis de 200 socios.

Forética é o único representante en España do World Business Council for Sustainable Development e xa que logo Consello Empresarial Español para o Desenvolvemento Sostible. A nivel nacional, Forética asinou un convenio co Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, co obxectivo de colaborar no ámbito de xeración de coñecemento, desenvolvemento e difusión de boas prácticas, participación en grupos de traballo e foros para a promoción da sustentabilidade como principio reitor das actuacións da Administración Xeral do Estado.

Nota de prensa en Word

Nota de prensa en PDF