REGANOSA, CONVIDADA A DEBATER SOBRE A REINVENCIÓN INDUSTRIAL NUN FORO COAS PRINCIPAIS COMPAÑÍAS DE GALICIA

06/08 2016

REGANOSA, CONVIDADA A DEBATER SOBRE A REINVENCIÓN INDUSTRIAL NUN FORO COAS PRINCIPAIS COMPAÑÍAS DE GALICIA

  • O encontro, que rematará cun coloquio co presidente da Xunta sobre os novos retos para a empresa galega, celebrarase o vindeiro venres en Santiago

Reganosa foi convidada a participar como relator nun foro coas principais compañías de Galicia que culminará cun xantar coloquio co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo. Organizado pola Asociación para o Progreso da Dirección, o evento terá lugar en Santiago o vindeiro venres, co fin de debater sobre “Novos tempos, novos retos para a empresa galega”.

Representada polo seu director xeral, Emilio Bruquetas, Reganosa explicará a súa estratexia de procura permanente de novos nichos de negocio dentro do sector gasista, así como a súa orientación á prestación de servizos no mercado global. A intervención producirase no marco do panel titulado “Reinvención industrial”, e no que tamén participarán o presidente de Navantia, José Manuel Revolta, e o director xeral de Defensa e Seguridade de Indra, José Manuel Pérez-Pujazón.

Outros directivos convidados son os presidentes ou conselleiros delegados de Copasa, R, Pérez Rumbao, Deloitte e BBVA Research. Á fin dos paneles celebrarase un coloquio co presidente da Xunta sobre os novos retos para a empresa galega.

Nota de prensa en Word

Nota de prensa en PDF