O LABORATORIO DE REGANOSA AMPLÍA A SÚA ACREDITACIÓN ISO 17025 ANTE O INCREMENTO DE PLANTAS DE BIOMETANO

03/28 2017

O LABORATORIO DE REGANOSA AMPLÍA A SÚA ACREDITACIÓN ISO 17025 ANTE O INCREMENTO DE PLANTAS DE BIOMETANO

  • A incorporación deste combustible ao sistema gasista español aconsella ampliar a acreditación para a análise de compostos de xofre no gas natural.
  • O de Reganosa é un laboratorio único no país dentro dos do seu sector.
  • Entsog prevé que en 2025 a inxección de biometano á rede gasista europea multiplicarase por 4,2 con respecto ao presente ano.

O laboratorio de Reganosa ampliou a súa acreditación ISO 17025, co que poderá prestar mellores servizos, especialmente ás plantas de biometano, cuxa conexión ás redes de gas do sistema gasista español está previsto que aumente. Este departamento, que está situado na terminal de gas natural licuado (GNL) de Mugardos, é líder en España.

En xaneiro de 2016, a Entidade Nacional de Acreditación (ENAC) outorgou ao laboratorio de Reganosa a acreditación que recoñece a súa competencia técnica para realizar ensaios no sector industrial, conforme á norma UNE-NISO\/IEC 17025:2005. Esta fixa os requisitos de competencia técnica dos laboratorios de ensaio e calibración, con criterios internacionais. O alcance inclúe: análise de composición de gas natural por cromatografía, determinación das súas propiedades físicas e análises de compostos de xofre no gas natural mediante cromatografía. O de Reganosa é o único laboratorio de ensaio español acreditado para a análise especiada de xofre en gas natural, e só hai outro acreditado para os restantes métodos.

A mellora introducida obedece á decisión de Reganosa de estudar a evolución do sector e responder por adiantado ás necesidades que poidan xurdir, co fin de promover o cambio, tal como corresponde a unha compañía catalogada como operador do sistema de transporte (TSO). O biometano obtense do biogás producido da dixestión bacteriana de vertedeiros ou restos agrogandeiros, tras ser sometido á limpeza de impurezas e a eliminación do dióxido de carbono (CO2). Trátase, polo tanto, dun combustible renovable, que se produce a partir do que doutro xeito non serían máis que residuos.

Segundo se establece no “Ten Year Network Development Plan 2017”, elaborado por ENTSOG (organización dos operadores da rede europea de transporte de gas), “produciuse un aumento significativo no número de plantas de biometano conectadas á rede de gas, case duplicando o seu número entre 2011 e 2014”, o que está desenvolvendo este segmento do mercado. Tamén se indica que do presente ano a 2025 as inxeccións deste produto á rede gasista xeneral multiplicaranse polo menos por 4,2.

No entanto, no referido informe advírtese que, unha vez que se demostrou que o biometano é compatible cos estándares de calidade das redes de gas natural, precísase un esforzo europeo de homologación. “A actual falta dun etiquetado a escala da Unión Europea é unha barreira importante para desenvolver un mercado único para o comercio de gases verdes e manter a idea dun mercado único do gas europeo para a era do carbono neutro”. A esta tarefa pode contribuír Reganosa coa ampliación da acreditación do seu laboratorio.

Dado o incremento previsto dos puntos de conexión das plantas de produción de biometano coa rede gasista europea, considerouse a necesidade de analizar gas deste tipo no laboratorio de Reganosa, coa necesaria a adaptación da metodoloxía analítica de control de calidade do gas natural e á propia etioloxía do biogás.

Por todo iso, Reganosa decidiu ampliar o rango de acreditación, co fin de que o seu laboratorio puidese emitir resultados acreditados para a nova situación, ata alcanzar os 60 mg de xofre por metro cúbico normal, incluíndo dentro do seu alcance o límite máximo establecido en España (50/Nm3) Para iso, foi necesaria a validación do método analítico no novo rango, así como a comprobación do cumprimento da norma UNE-NISO 19739:2006 (Gas natural. Determinación de compostos de xofre mediante cromatografía de gases). Ademais, Reganosa participou satisfactoriamente en diversos exercicios interlaboratorio de carácter internacional (ProeficiencyTests).

Unha vez avalíado o traballo realizado e tralo informe favorable dos auditores, que aseguraban a competencia técnica do laboratorio para o mesmo, a comisión da Entidade Nacional de Acreditación (ENAC) acordou aumentar o alcance de acreditación de Reganosa.

O equipo humano do laboratorio conta con amplo coñecemento e experiencia, tanto en técnicas analíticas e instrumentais, como no sector gasista, e posúe extensa formación na norma de xestión de calidade dos laboratorios (ISO 17025).

A acreditación ENAC aporta valor engadido ás análises de gas natural que Reganosa realiza, tanto para os clientes da terminal de GNL do porto ferrolán como para os clientes externos aos que presta o seu servizo. A acreditación supón o recoñecemento formal de que unha organización é competente para tarefas específicas. Isto ten implícito o recoñecemento da validez dos resultados do laboratorio, facilita o intercambio de información fiable e contribúe a harmonizar procedementos.

Do mesmo xeito, a acreditación constitúe un risco diferenciador no mercado, garantía de integridade e competencia, e sinónimo de servizo recoñecido internacionalmente. Un laboratorio acreditado garante ao cliente que o servizo realízase por un equipo con competencia técnica, que pon á súa disposición persoal cualificado, e que conta co equipamento adecuado, desenvolvendo o seu labor con métodos de traballo apropiados e criterios de calidade.

ENAC é o organismo designado pola Administración do Estado para establecer e manter o sistema de acreditación en España, de acordo con normas internacionais e seguindo o establecido pola Unión Europea. A súa misión é verificar a competencia técnica dos organismos de avaliación da conformidade (entre outros, dos laboratorios) para xerar confianza nas súas actividades á Administración, ao mercado e á sociedade en xeral.

 

Nota de prensa en Word

Nota de prensa en PDF