A ENTRADA DE SOJITZ EN REGANOSA, PENDENTE DA APROBACIÓN DAS AUTORIDADES REGULATORIAS

10/18 2017

A ENTRADA DE SOJITZ EN REGANOSA, PENDENTE DA APROBACIÓN DAS AUTORIDADES REGULATORIAS

  • Os accionistas da enerxética galega deciden non exercitar o seu dereito de adquisición preferente

Reunida hoxe en Mugardos en convocatoria extraordinaria, a xunta xeral de accionistas de Reganosa decidiu non exercitar o seu dereito de adquisición preferente ante unha oferta formulada recentemente pola corporación de matriz xaponesa Sojitz a First State para adquirir todas as participacións do citado fondo australiano na compañía galega: un 15 % do accionariado. Esta transacción queda suxeita á correspondente aprobación das autoridades regulatorias.

De confirmarse, trataríase dun movemento de capital que non alteraría nin o equilibrio de forzas dentro do accionariado nin o goberno da compañía. En pleno proceso de expansión internacional de Reganosa, implicaría a saída dun socio inversor e a entrada doutro industrial con ampla experiencia e reputación no sector.

Actualmente, o accionariado de Reganosa confórmano o Grupo Tojeiro, cun 50,69 % do capital; a Xunta de Galicia, cun 24,31; First State, con outro 15; e, finalmente, Sonatrach, co 10 % restante.

Nota de prensa en Word

Nota de prensa en PDF