Os nosos compromisos
Entendemos a seguridade, a saúde laboral, o medio ambiente e a calidade como requisitos prioritarios no desenvolvemento de todas as nosas actividades. Por iso implantamos un sistema integrado de xestión baseado nas normas ISO 9.001, ISO 14.001 e OHSAS 18.001. As directrices da nosa política integrada pódense resumir nos seguintes puntos:
- Compromiso de mellora continua dos nosos procesos internos. Mantemos un control permanente do sistema integrado de xestión mediante auditorías e revisións periódicas.
- Orientación ao cliente e as súas necesidades.
- Formación continua do persoal con especial atención ás necesidades vinculadas á seguridade das persoas e instalacións.
- Concibimos as actuacións en materia de seguridade, saúde laboral, medio ambiente e calidade como unha responsabilidade de todos e cada un dos traballadores.
- Estamos comprometidos coa prevención e minimización do impacto sobre a contorna e o cambio climático, respectando a biodiversidade e fomentando o uso eficiente dos recursos naturais.
- Establecemos canles, tanto internas como externas, que permiten dar resposta ás demandas de información sobre seguridade e saúde laboral, medio ambiente e calidade.
A Dirección mantén o compromiso de facilitar os medios adecuados a cada nivel organizativo para que a súa política integrada sexa recibida, comprendida, implantada E respetada por todos os membros da empresa.