Solicitude de visita

Requisitos

Antes de solicitar a visita, ten en conta:

1º) Os visitantes só poderán acceder ás instalacións acompañados polo noso persoal, que os acompañará en todo momento e se responsabilizará de seguir os criterios de seguridade.

2º)Reganosa queda expresamente relevada de toda responsabilidade derivada de calquera incidente ou accidente que puidesen sufrir os visitantes durante a súa permanencia dentro do recinto industrial da nosa propiedade.

3º) O visitante deberá cumprir as normas de seguridade establecidas e as indicacións que reciba da persoa ou persoas encargadas de atender a visita. Non poderá separarse do grupo en ningún momento.

4º) Os visitantes deberán identificarse á chegada ao posto de control. Unha vez confirmada a aceptación da visita polo noso persoal, poderán entrar até a zona do edificio de administración, onde asinarán a autorización de entrada. Os visitantes recibirán os equipos de protección individual (EPI) necesarios en cada caso.

 

Ven visitarnos