O proceso de contratación de capacidade de acceso de terceiros á rede, establecido no ano 2001 mediante o RD 949/2001, foi modificado de forma completa coa publicación no BOE, o 31 de outubro de 2015, do RD 984/2015, polo que se regula o acceso de terceiros ás instalacións gasistas e a xestión de garantías, entre outras cuestións.
Para simplificar e axilizar os procedementos de contratación de capacidade desenvolveuse a aplicación dun contrato marco e a constitución dunha plataforma telemática única de solicitude e contratación de capacidade xestionada polo Xestor Técnico do Sistema.
Segundo a Resolución do 2 de agosto de 2016, da Secretaría de Estado de Enerxía, apróbase o modelo normalizado de contrato marco de acceso ás instalacións do sistema gasista e establécense os requisitos técnicos da Plataforma Telemática Única de Solicitude e Contratación de Capacidade.
O Contrato Marco será subscrito polas partes mediante a firma electrónica do documento de aceptación e adhesión ao mesmo, aprobado por Resolución do 2 de agosto de 2016, da Secretaría de Estado de Enerxía.
A contratación dos servizos de acceso contemplados no Contrato Marco realizarase a través da plataforma telemática única de solicitude e contratación de capacidade. Cada solicitude de adquisición de capacidade introducida, supoñerá un compromiso firme, vinculante para as partes, de adquisición do produto en cuestión. Toda solicitude de capacidade introducida na plataforma estará suxeita a un proceso de viabilidade e a un proceso de validación para comprobar que se constituíron garantías suficientes.
A plataforma xerará unha adenda ao Contrato Marco, diferenciada para cada produto e servizo contratado, cun único código identificativo da mesma, e na que se indicará a instalación contratada, o tipo de produto, a cantidade contratada, a data de inicio e a duración do servizo contratado.
Para máis información escríbenos a atr@reganosa.com