ACCIONISTAS

 

A ENERXÍA QUE MOVE GALICIA

O interese público, o arraigamento en Galicia, o coñecemento do sector enerxético e a solvencia financeira de carácter internacional son os trazos que definen o noso accionariado.

O noso accionariado compóñeno actualmente Reganosa Holdco (75 %), Sojitz Corporation (15 %) e Sonatrach (10 %).

O NOSO PRESIDENTE

Carlos Collantes Pérez-Ardá, que desempeña a Presidencia de Reganosa desde xuño de 2019, naceu na Coruña en 1954. Enxeñeiro industrial, desenvolveu a súa actividade profesional no sector enerxético, comezando na citada cidade ao servizo da empresa Fenosa. Xa en Madrid, asumiu importantes responsabilidades, particularmente na área do transporte de enerxía.

Ao longo da súa carreira foi director xeral de Transporte en Red Eléctrica Española. Tamén desempeñou a presidencia das sociedades INALTA, INELFE (compañía participada ao 50 % polos TSO eléctricos de España e Francia para o desenvolvemento de interconexións eléctricas) e da peruana TESUR (Transmisora Eléctrica del Sur).  Desde 2017 formaba parte do Consello de Administración de Reganosa.