Terminal de GNL. 115,2 GWh/d • 80/50 bar • 30’’.
CTCC As Pontes. Punto de conexión transporte-distribución. Subministro á poboación e ó núcleo industrial • 1 Gwh/d • 80/16 bar • 26’’
Guitiriz. Punto de conexión transporte-transporte (PCTT) con gasoduto Tui-Llanera • 102,7 GWh/d • 80/40 bar • 20’’
Abegondo. Punto de conexión transporte-transporte (PCTT) con gasoduto Tui-Llanera • 102,7 GWh/d • 80/40 bar • 26’’.
Sabón. Central térmica de ciclo combinado (400 MW), situada no gran polígono empresarial da Coruña • 29 GWh/d • 16’’.
Pastoriza. Subministración á refinaría de petróleo da Coruña (120.000 barrís/día) ERM G-1.000, 80/59,5 bar, 16’’.
Meirama-Cerceda. Subministración á central térmica de Meirama (550 MW), ao polígono e á poboación de Cerceda • 0,7 GWh/d • 80/16 bar • 10’’
Xestionamos unha parte da rede troncal nacional situada no noroeste de España. O coñecemento adquirido na operación destes gasodutos aválanos para deseñar e operar redes de transporte. Estamos certificados como TSO pola Unión Europea.
A nosa infraestrutura de transporte, de 130 km de lonxitude e con presión de deseño de 80 bares, está incluída dentro da rede troncal por ser fundamental para garantir a seguridade de subministración e o correcto funcionamento do mercado ibérico do gas. Conecta coa terminal de GNL de Mugardos e co gasoduto Tui - Llanera en Guitiriz e Abegondo. Forman parte da nosa rede tres estaciones de medición (EM), tres estacións de regulación e medida (ERM) e 13 posicións de válvulas. Transportamos gas directamente ás centrais de ciclo combinado das Pontes (800 MW) e Sabón (400 MW), á refinaría da Coruña (120.000 barrís/día) e ás poboacións das Pontes e Cerceda.
Operamos e mantemos os nosos gasodutos, garantindo a seguridade e a correcta medición do gas que transportamos. É especialmente relevante para a nosa xestión a relación coa contorna máis próxima ao trazado.