Galicia, onde opera Reganosa, é unha rexión periférica con respecto a Madrid, pero a súa situación no Noroeste da Península Ibérica lle confire unha vantaxe cando se trata de rotas marítimas. Tanto nas liñas de navegación entre América e Europa, como entre esta e África teñen ás costas galegas como un lugar de paso obrigado. Aquí radica unha fortaleza obxectiva da terminal de Mugardos. O segundo punto forte estriba na súa situación na ría de Ferrol, onde se estableceu un dos principais centros de construcción naval e reparacións de Europa, ó que recorren con frecuencia os máis importantes armadores de buques metaneiros de todo o mundo. As augas da ría ferrolá, ademais, son tranquilas e permanecen todo o ano ó abrigo de calquera temporal.A comarca de Ferrol, denominada Ferrolterra, está formada polo conxunto de todas las vilas y cidades que bordean a ría, ademais doutros concellos próximos. Supera os douscentos mil habitantes, dos cales a renda per cápita sitúase nos 12.669 euros. A vida socioeconómica da zona está moi vencellada á construcción naval, así como á presencia da Armada española, que localiza en Ferrol unha das súas principais bases. Mugardos, o concello que acolle a terminal de Reganosa, atópase na marxe esquerda da ría de Ferrol. Por superficie é o máis pequeno do seu entorno, xa que só ocupa 12,7 quilómetros cadrados. En 2008, os habitantes oficialmente contabilizados ascenden a 5.605. Da súa poboación activa, o 25% traballa na industria, mentres cos servicios ocupan ó 52%. A localidade está moi vinculada a Ferrol, á que ata hai moi pouco podíase chegar por un servicio de transporte marítimo convertido nun sinal de identidade mugardesa. Por estrada, a distancia a Ferrol é de quince quilómetros, de 45 á cidade de A Coruña e de cen a Santiago, ambas con aeroporto. Actualmente, a vila dispón dun enlace directo coa Autopista do Atlántico. Mugardos ten paraxes de gran beleza natural, favorecidos por un clima oceánico morno y chuvioso. Tamén conserva na súa arquitectura popular pegadas do seu pasado mariñeiro. Entre os seus monumentos destacan especialmente o castelo de La Palma e o mosteiro de Santa Catalina. |