Quen somos
Historia
Organización interna
Presidente de Honor
Presidente
Socios
O entorno
Contacto
Actividades e servicios
Preguntas e respostas sobre o GNL
Sala de prensa
Intranet
Area de RRHH
Área de provedores
Contacto
Evolución das obras
 
 
 
 
 
Socios

O capital social de Reganosa ascende a 34,4 millóns de euros, cantidade á que chegou despois de tres operacións de ampliación, as cales acordáronse en marzo de 2001, cando se pasou de 3.005.600 euros a 9.015.182, en xuño de 2002, momento no que desta última cantidade subiu ata os 18 millóns, e en xuño de 2003, ata os 34,4 millóns. As tres modificacións indicadas non reportaron cambios no reparto accionarial que, expresado en porcentaxes, é o seguinte.

Pertencen ó accionariado da compañía a Xunta, Endesa Generación, Unión Fenosa Gas, Grupo Tojeiro, Caixa Galicia, Sonatrach, Banco Pastor e Caixanova. A relación de socios indicada é a mellor combinación que puidera propoñerse, dado que o Goberno de Galicia representa e defende os interese xerais da comunidade autónoma.

Endesa Generación, Unión Fenosa Gas e Sonatrach aportan o coñecemento do sector enerxético e unha acreditada presencia nos mercados internacionais.

Caixa Galicia, Banco Pastor e Caixanova evidencian a solidez financeira da empresa.

O Grupo Tojeiro incorpora o seu profundo coñecemento do entorno social galego.


Xunta de Galicia:
Baixo a presidencia do Excmo. Sr. Alberto Núñez Feijoo ten encomendada a gobernación da comunidade segundo o Estatuto de Autonomía de 1981. O seu presuposto consolidado de gastos para o exercicio de 2008 superou os 11.556 millóns de euros. No campo enerxético desenvolve ambiciosos programas de electrificación rural e de promoción do aproveitamento eólico. (www.xunta.es).


Endesa:
Con máis de vinte millóns de clientes, Endesa é a primeira compañía eléctrica de España e Iberoamérica. O grupo ten unha notable presenza na comunidade autónoma dende que na década dos 70 creou o complezo minero-eléctrico de As Pontes. Nesta localidade xestiona unha central térmica de carbón de 1.400 megavatios e outra de ciclo combinado de 800 megavatios. A potencia eólica instalada en Galicia supera os 500 megavatios. (www.endesa.es).


Gasifica:
Trátase dunha sociedade da que o 90% do capital pertence a Unión Fenosa Gas (compañía na que, á súa vez, están aliados ao 50% Unión Fenosa e a corporación italiana Eni), mentres que o 10% restante é de Unión Fenosa. O grupo participa na planta de licuefacción de Damietta (Exipto), así como na terminal de GNL de Sagunto. Unión Fenosa ten un grande arraigamento en Galicia, onde contribue ao seu desenvolvemento de xeito salientable. (www.unionfenosa.es).


Grupo Tojeiro:
Corporación de capital galego que opera nos sectores da distribución alimentaria e de combustibles, na fabricación de productos químicos e fertilizantes, no transporte por estrada así como na transformación de madeira. Exerce un claro liderado no comercio do Noroeste Español gracias á rede de Gadisa, de supermercados e medianas superficies. A sede central está en Piadela-Betanzos. (www.gadisa.es).


Sonatrach:
Grupo empresarial propiedade do estado alxeriano. Está presente nos mercados de extracción e exportación de gas natural e petróleo. É propietario de refinerías e outras plantas de transformación de combustibles. Participa como socio en numerosos proxectos industriais, tanto en Arxelia como noutros países. (www.sonatrach-dz.com).


Caixa Galicia:
A caixa galega rozou un beneficio atribuido de 212 millóns de euros o ano pasado, exercicio no que se destinaron 587 millóns a cubrirse dos rigores da crise. Desta provisión contra insolvencias, 208 millóns foron habilitados de forma voluntaria. A súa rede de oficinas situouse en 891 sucursais, 17 delas no estranxeiro. Os seus investimentos focalizáronse tras saír de Unión Fenosa no ámbito das enerxías renovables e a sociedade da información. En 2008 investiu 112 millóns en obra social, cantidade que reedita en 2009. (www.caixagalicia.es).


Banco Pastor:
 A entidade financeira culminou 2008 cun beneficio recorrente de 204,3 millóns de euros, un 1,12% superior, aínda que houbo que destinar provisións xenéricas contra insolvencias 168 millóns, procedentes das ganancias íntegras do cuarto trimestre (57,5 millóns) e as plusvalías de 111 millóns logradas coa venda dun 1,14% de Unión Fenosa, compañía da que sae na OPA de Gas Natural, tras estar presentes dende a Fundación de Fuerzas Eléctricas del Noroeste SA hai seis décadas. (www.bancopastor.es).


Caixanova:
En 2008 a caixa tamén optou pola prudencia, aínda que logrou uns beneficios despois de impostos de 178,6 millóns de euros, un 0,32% superiores aos de 2007. Caixanova pechou o exercicio elevando o seu volume de negocio un 4,8%, ate os 41.514 millóns de euros. A súa rede de 585 oficinas cobre xa tódalas comunidades autónomas de España e conta con trece sucursais no estranxeiro, a última delas inaugurada en Bos Aires. A caixa é protagonista no concurso eólico da Xunta, ao ser o aaspirante que máis potencia se adxudicou: 235 megavatios, unha décima parte da que estaba en liza. (www.caixanova.es).