Quen somos
Historia
Organización interna
Presidente de Honor
Presidente
Socios
O entorno
Contacto
Actividades e servicios
Preguntas e respostas sobre o GNL
Sala de prensa
Intranet
Area de RRHH
Área de provedores
Contacto
Evolución das obras
 
 
 
 
 
Historia

Reganosa quedou oficialmente constituída no 1999, co obxecto social de establecer unha planta de regasificación en Mugardos e un gasoducto. Non obstante, foi o 20 de marzo de 2000 cando se creou a asociación de promotores, nun acto celebrado en Santiago de Compostela baixo a presidencia de Manuel Fraga Iribarne, titular do Goberno de Galicia.

Xusto un ano despois, en marzo de 2001, asinouse o Acordo de Socios que establece o réxime de goberno da entidade e regula as relacións entre as entidades participantes. Foi daquela cando se configuraron definitivamente os órganos da administración e xestión da compañía.

O proxecto básico da planta foi presentado oficialmente ó Ministerio de Industria o 11 de marzo de 1999. Posteriormente realizáronse os trámites correspondentes ante as administracións Local, Autonómica e Central, ata que o 3 de xuño de 2002 o Ministerio de Industria outorgou a súa autorización provisional. A definitiva foi firmada o 13 de febreiro de 2004 pola directora xeral de Política Enerxética e Minas.

Reganosa adxudicou en 2003 a construción da terminal a Tractebel Gaz Engineering, que comezou a operar no emprazamento en febreiro do ano seguinte. Tamén en 2004 resolveuse o concurso para o tendido dos gasodutos, encargando os traballos ás compañías Masa (ramal Norte) e Soluziona-Gisca (ramal Sur).

En outubro de 2005, Regasificadora do Noroeste subscribiu con BBVA, Caixa Galicia e outras entidades financeiras un crédito sindicado de 416 millóns de euros para executa-lo proxecto. Este último paso supuxo, segundo o presidente executivo da compañía naquel momento, Félix Alonso Encinas, “un feito relevante co que conclúe o que podemos chamar a etapa administrativa da construción de Reganosa”.

A entrada en operación comercial da planta realizouse en novembro de 2007, se ben no primieiro cuadrimestre do mesmo ano entrou o primeiro metaneiro e se puxeronen frío os dous tanques da terminal.