PROTECCIÓN DE DATOS PERSOAIS: Información ó USUARIO da existencia de ficheiro e solicitude do consentimento para o tratamento automatizado dos datos: En relación cos datos de carácter persoal facilitados polo USUARIO nos formularios que poidan existir no sitio web, REGANOSA cumpre estrictamente a normativa vixente establecida na Lei 15/1999 de Protección de datos de carácter persoal e demais lexislación que a desenvolve e informa ó USUARIO de que os referidos datos serán incluídos dentro dun ficheiro para o seu tratamento automatizado prestando o USUARIO consentimento mediante a aceptación destas condicións xerais a dito tratamento. Finalidade dos datos: REGANOSA recolle determinados datos persoais que son introducidos polo USUARIO libremente no formulario coa finalidade de poder acceder a posibles postos de traballo; do mesmo xeito REGANOSA recolle o correo electrónico das peticións de información realizadas ás direccións que se especifican na área de contacto do sitio web. REGANOSA informa de que xestionará de xeito automatizado estes datos para proceder á selección de futuros traballadores e para contestar ás peticións de información que se realicen. En calquera caso, os datos recollidos e tratados por REGANOSA son unicamente os básicos para as finalidades sinaladas anteriormente. Obrigatoriedade da introducción dos datos: Os campos nos que figure un asterisco* no formulario existente na área de recursos son aqueles que requiren unha resposta obrigatoria e de non seren cubertos a consecuencia sería imposibilidade de envío do currículum. Dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición: O USUARIO que introduza os seus datos persoais nos distintos formularios de alta terá pleno dereito a exercitar os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición en calquera momento solicitándoo a datos@reganosa.com ou por correo postal a REGASIFICADORA DEL NOROESTE, S.A., Punta Promontoiro s/n, 15620 Mugardos (A Coruña). En todo caso, REGANOSA comprometese a cancelar os datos persoais recollidos cando deixen de ser necesarios ou pertinentes para a finalidade para a que foron recollidos. En todo caso, REGANOSA reitera que se compromete ó respecto e confidencialidade absoluta na recollida e tratamento dos datos persoais de tal forma que o USUARIO poida saber en todo momento qué datos están en poder de REGANOSA e cómo están a ser utilizados a través dun envío de correo electrónico a datos@reganosa.com. Tódolos seus comentarios e suxerencias son sumamente valiosos para nós co fin de mellorar o noso sistema de protección de datos. Responsable do tratamento.- O responsable do tratamento dos datos é REGASIFICADORA DEL NOROESTE, S.A. con domicilio social en Punta Promontoiro s/n, 15620 Mugardos (A Coruña). REGANOSA ten inscritos debidamente os seus ficheiros na Axencia de Protección de Datos, os cales poden ser consultados en www.agpd.es. Cesión de datos.- Ademais REGANOSA informa ó USUARIO, que mediante a adhesión ás presentes condicións xerais presta o seu consentimento á cesión dos datos persoais recollidos por parte de REGANOSA no seu sitio web a outras compañías relacionadas claramente ou participadas directamente por REGANOSA. O seu tratamento terá os mesmos fins que aquel realizado por REGANOSA. En todo caso, o USUARIO poderá revocar o consentimento para a cesión dos seus datos solicitándoo a datos@reganosa.com ou por correo postal a REGASIFICADORA DEL NOROESTE, S.A., Punta Promontoiro s/n, 15620 Mugardos (A Coruña) +info: www.agpd.es Seguridade.- REGANOSA asegura a absoluta confidencialidade e privacidade dos datos persoais recollidos e por iso adoptáronse medidas esenciais de seguridade para evitar a alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado e garantir así a súa integridade e seguridade. REGANOSA non será responsable en ningún caso das incidencias que poidan xurdir en torno ós datos persoais cando se deriven ben dun ataque ou acceso non autorizado ós sistemas de tal forma que sexa imposible de detectar polas medidas de seguridade implantadas ou ben cando se deba a una falla de dilixencia do USUARIO en cuanto á garda e custodia das súas claves de acceso ou dos seus propios datos persoais – ver cláusula 2.2. Veracidade dos datos.- O USUARIO é responsable da veracidade dos seus datos, comprometéndose a non introducir datos falsos e a proceder á modificación dos mesmos se fose necesario.
|