Quen somos
Actividades e servicios
Preguntas e respostas sobre o GNL
Sala de prensa
Intranet
Area de RRHH
Área de provedores
Contacto
Evolución das obras
 
 
 
 
 
Legal

“CONDICIÓNS XERAIS DE USO DO SITIO WEB DE REGASIFICADORA DEL NOROESTE, S.A.”

REGASIFICADORA DEL NOROESTE, S.A. (en adiante REGANOSA) con domicilio social en Punta Promontoiro, s/n, Mugardos (A Coruña), inscrita no Rexistro Mercantil de A Coruña, Tomo 2185, Sección Xeral, folio 82, folla C-21644, inscrición 1ª, con CIF A15685324 e no seu nome e representación D. Mauro Arias Villa e D. Ramiro Arca pon á súa disposición no seu sitio web http://www.reganosa.com determinados contidos de carácter informativo sobre as súas actividades. As presentes condicións xerais rexen única e exclusivamente o uso do sitio web de REGANOSA por parte dos USUARIOS que accedan ó mesmo. As presentes condicións xerais expónselles ó USUARIO no sitio web http://www.reganosa.com en todas e cada unha das páxinas e cada vez que un USUARIO introduce os seus datos nos formularios existentes, para que as lea, as imprima, arquive e acepte a través de internet, non podendo o USUARIO introducir os seus datos efectivamente sen que se produza esta aceptación.

O acceso ó sitio web de REGANOSA implica sen reservas a aceptación das presentes condicións xerais de uso que o USUARIO afirma comprender na súa totalidade. O USUARIO comprometese a non utilizar o sitio web e os servicios que se ofrecen no mesmo para a realización de actividades contrarias á lei e a respectar en todo momento as presentes condicións xerais.

PRIMEIRA.-

O sitio web de REGANOSA foi realizado cun carácter meramente informativo para pór a disposición de terceiros a información que precisen sobre as actividades de REGANOSA así como para establecer canais de comunicación con traballadores, provedores, candidatos de emprego e terceiros alleos interesados no desenvolvemento das actividades.

SEGUNDA.- CONDICIÓNS DE ACCESO E USO:

2.1.- A utilización do sitio web de REGANOSA non conleva a obrigatoriedade de inscrición do USUARIO. As condiciones de acceso e uso do presente sitio web réxense estrictamente pola legalidade vixente e polo principio de boa fe comprometéndose o USUARIO a realizar un bo uso da web. Quedan polo tanto prohibidos tódolos actos que vulneren a legalidade, dereitos ou intereses de terceiros: dereito á intimidade, protección de datos, propiedade intelectual, etc. Expresamente REGANOSA prohibe os seguintes:

2.1.1.- Realizar accións que poidan producir no sitio web ou ó través do mesmo por calquera medio calquera tipo de dano ós sistemas de REGANOSA ou a terceiros.

2.1.2.- Realizar sen a debida autorización calquera tipo de publicidade ou información comercial directamente ou de forma encuberta, ou envío de correos masivos (“spaming”) ou envío de grandes mensaxes co fin de bloquear servidores da rede (“mail bombing”).

2.2.- Para acceder a determinada información do sitio web de REGANOSA, será preciso ter obtido un nome de usuario e unha contrasinal. O usuario que posúa estas claves de acceso é responsable da seguridade e confidencialidade das mesmas e ten a obrigación e a exclusiva responsabilidade de gardalas e custodialas nun lugar seguro co fin de impedir o acceso a terceiros non autorizados. O USUARIO comprometese a comunicar a REGANOSA coa maior brevidade posible a perda, roubo ou calquera outra incidencia que se derive ou poda derivar nun risco para a confidencialidade dos datos.

2.3.- REGANOSA poderá interromper en calquera momento o acceso ó seu sitio web se detecta un uso contrario á legalidade, a boa fe ou ás presentes condicións xerais- ver cláusula sexta.

TERCEIRA.- CONTIDOS:

3.1.- Os contidos incorporados neste sitio web foron elaborados e incluídos pola propia entidade REGANOSA utilizando fontes internas e externas de tal modo que REGANOSA unicamente se fai responsable polos contidos elaborados de forma interna.

3.2.- O USUARIO que desexe establecer un hiperenlace no seu sitio web ó sitio web de REGANOSA non realizará un uso ilegal ou contrario á boa fe das informacións, servicios ou productos postos a disposición no referido sitio web. Concretamente o USUARIO que introduza un hiperenlace ou link comprometese a:

3.2.1.- Non destruír, danar ou alterar de calquera forma os contidos, servicios ou productos postos a disposición do USUARIO no sitio web de REGANOSA.

3.2.2.- Non declarar que REGANOSA asume a supervisión do hiperenlace ou dos contidos da propia web do USUARIO que introduce no seu sitio web link ó propio de REGANOSA.

3.2.3.- Non incluír no seu propio sitio web a marca, nome comercial ou calquera sinal distintiva pertencente a REGANOSA sen a previa autorización da entidade.

3.3.- REGANOSA reservase o dereito a modificar en calquera momento os contidos existentes no seu sitio web.

CUARTA.- PROTECCIÓN DE DATOS PERSONAIS:

4.1.- Información ó usuario da existencia de ficheiro e solicitude do consentimento para o tratamento automatizado dos datos: En relación cos datos de carácter persoal facilitados polo USUARIO nos formularios que poidan existir no sitio web, REGANOSA cumpre estrictamente a normativa vixente establecida na Lei 15/1999 de Protección de datos de carácter persoal e demais lexislación que a desenvolve e informa ó USUARIO que os referidos datos serán incluídos dentro dun ficheiro para o seu tratamento automatizado prestando o USUARIO consentimento mediante a aceptación de estas condicións xerais a dito tratamento.

4.2.- Finalidade dos datos: REGANOSA recolle determinados datos persoais que son introducidos polo USUARIO libremente no formulario coa finalidade de poder acceder a posibles postos de traballo; do mesmo xeito REGANOSA recolle o correo electrónico das peticións de información realizadas ás direccións que se especifican na área de contacto do sitio web. REGANOSA informa que xestionará automatizadamente estes datos para proceder á selección de futuros traballadores e para contestar as peticións de información que se realicen. En todo caso, os datos recollidos e tratados por REGANOSA son unicamente os básicos para as finalidades sinaladas anteriormente.

4.3.- Obrigatoriedade da introducción dos datos: Os campos nos que figure un asterisco* no formulario existente na área de recursos son aqueles que requiren unha resposta obrigatoria e de non ser cubertos a consecuencia sería a imposibilidade de envío do currículo.

4.4.- Dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición: O USUARIO que introduza os seus datos persoais nos distintos formularios de alta terá pleno dereito a exercitar os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición en calquera momento solicitándoo a datos@reganosa.com ou por correo postal a REGASIFICADORA DEL NOROESTE, S.A., Punta Promontoiro s/n, 15620 Mugardos (A Coruña). En todo caso, REGANOSA comprometese a cancelar os datos persoais recollidos cando deixen de ser necesarios ou pertinentes para a súa finalidade inicial. En todo caso, REGANOSA reitera que se compromete ó respecto e confidencialidade absoluta na recollida e tratamento dos datos persoais de tal forma que o USUARIO poida saber en todo momento qué datos están en poder de REGANOSA e cómo están sendo utilizados ó través dun envío de correo electrónico a datos@reganosa.com. Tódolos seus comentarios e suxerencias son sumamente valiosos para nós co fin de mellorar o noso sistema de protección de datos.

4.5.- Responsable do tratamento.- O responsable do tratamento dos datos é REGASIFICADORA DEL NOROESTE, S.A. con domicilio social en Punta Promontoiro s/n, 15620 Mugardos (A Coruña). REGANOSA ten inscrito debidamente os seus ficheiros na Axencia de Protección de Datos, os cales se poden consultar en www.agenciaprotecciondatos.org.

4.6.- Cesión de datos.- Ademais REGANOSA informa ó USUARIO de que mediante a adhesión ás presentes condicións xerais presta o seu consentimento á cesión dos datos persoais recollidos por parte de REGANOSA no seu sitio web a outras compañías relacionadas claramente ou participadas directamente por REGANOSA. O seu tratamento terá os mesmos fins co tratamento realizado por REGANOSA. En todo caso, o USUARIO poderá revocar o consentimento para a cesión dos seus datos solicitándoo a datos@reganosa.com ou por correo postal a REGASIFICADORA DEL NOROESTE, S.A., Punta Promontoiro s/n, 15620 Mugardos (A Coruña) +info: www.agenciaprotecciondatos.org

4.7.- Seguridade.- REGANOSA asegura a absoluta confidencialidade e privacidade dos datos persoais recollidos e por iso se adoptaron medidas esenciais de seguridade para evitar a alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado e garantir así a súa integridade e seguridade. REGANOSA non será responsable en ningún caso das incidencias que poidan xurdir en torno ós datos persoais cando se deriven ben dun ataque ou acceso non autorizado ós sistemas de tal forma que sexa imposible de detectar polas medidas de seguridade implantadas ou ben cando se deba a unha falla de dilixencia do USUARIO en canto á garda e custodia das súas claves de acceso ou dos seus propios datos persoais – ver cláusula 2.2.

4.8. Veracidade dos datos.- O USUARIO é responsable da veracidade dos seus datos, comprometéndose a non introducir datos falsos e a proceder á modificación dos mesmos se fose necesario.

QUINTA.- RESPONSABILIDADE:

5.1.- REGANOSA en ningún caso será responsable de:

5.1.1.- Os fallos e incidencias que puideran producirse nas comunicacións, borrado o transmisións incompletas de maneira que non se garante cos servicios do sitio web estean constantemente operativos.

5.1.2.- Da producción de calquera tipo de dano que os USUARIOS ou terceiros puidesen ocasionar no sitio web.

5.2.- REGANOSA reservase o dereito a suspender o acceso sen previo aviso de forma discrecional e con carácter definitivo ou temporal ata a aseguranza da efectiva responsabilidade dos danos que puideran producirse. Así mesmo, REGANOSA colaborará e notificará á autoridade competente estas incidencias no momento no que teña coñecemento real de cos danos ocasionados constitúan calquera tipo de actividade ilícita.

SEXTA.- DEREITOS DE AUTOR E MARCA.

REGANOSA é unha marca rexistrada, queda prohibida a utilización allea por calquera medio da marca de REGANOSA que inclúe tanto o nome como o logotipo salvo consentimento expreso de REGANOSA, quedan reservados tódolos dereitos. Ademais o sitio web de REGANOSA - os contidos propios, a programación e o deseño do sitio web- atópase plenamente protexido polos dereitos de autor, quedando expresamente prohibida toda reproducción, comunicación, distribución e transformación dos referidos elementos protexidos salvo consentimento expreso de REGANOSA.

SÉPTIMA.- XURISDICCIÓN E LEI APLICABLE

As presentes condicións xerais se rexen pola lexislación española. Son competentes para resolver toda controversia ou conflicto que se derive das presentes condicións xerais os Xulgados de Ferrol. renunciando expresamente o USUARIO a alquera outro foro que puidese corresponderlle.

OCTAVA

No caso de que calquera cláusula do presente documento sexa declarada nula, as demais cláusulas seguirán vixentes e se interpretarán tendo en conta as vontades das partes e a finalidade mesma das presentes condicións. REGANOSA poderá non exercitar algún dos dereitos e facultades conferidos neste documento o que non implicará en ningún caso a renuncia ós mesmos salvo recoñecemento expreso por parte de REGANOSA