Somos unha sociedade anónima que recibe, almacena e transforma gas natural licuado (GNL) ó través da súa terminal de Mugardos, na ría de Ferrol, ó Noroeste de España. Aínda que somos unha compañía privada, temos vocación de servicio público, porque as nosas actividades son estratéxicas para o desenvolvemento de Galicia e para completar as infraestructuras gasistas da Península Ibérica. Da nosa actividade depende directamente o subministro das centrais eléctricas de ciclo combinado que Endesa e Unión Fenosa constrúen en As Pontes de García Rodríguez e Arteixo, respectivamente, así como outras industrias. Igualmente somos esenciais para garantir a liberdade e competencia no mercado gasista. A diversidade, a solidez e o coñecemento do noso accionariado constitúen os principais activos de Regasificadora do Noroeste, Sociedade Anónima, Reganosa: estamos participados por unha institución pública, por empresas enerxéticas, por entidades financeiras e por compañías arraigadas no noso entorno social. |