O PRESIDENTE DA CONFEDERACIÓN DE EMPRESARIOS DE GALICIA EN REGANOSA

01/01 2014

O PRESIDENTE DA CONFEDERACIÓN DE EMPRESARIOS DE GALICIA EN REGANOSA

O presidente da Confederación de Empresarios de Galicia, José Manuel Fernández Alvariño, visitou esta tarde a planta de regasificación de Reganosa, en Mugardos, dentro da xira que hoxe realizou por Ferrolterra. Tamén formaron parte do grupo de visitantes Diego Calvo, presidente da Deputación da Coruña, José Manuel Rey, alcalde de Ferrol,o presidente da Confederación de Empresarios da Coruña, Antonio Fontenla, e o seu homólogo de Ferrolterra, Isidro Silveira. Actuou como anfitrión o director xeral da compañía, Emilio Bruquetas, quen primeiro mantivo unha reunión cos citados para despois guiar un percorrido pola terminal.