O COMITÉ XURÍDICO DE SEDIGAS REÚNESE NA SEDE DE REGANOSA

10/06 2016

O COMITÉ XURÍDICO DE SEDIGAS REÚNESE NA SEDE DE REGANOSA

O Comité Xurídico de Sedigas celebrou unha reunión na sede de Reganosa no porto de Ferrol, onde acudiu expresamente para manter unha das súas sesións periódicas.

Sedigas é a asociación española que agrupa a todos os actores do sector gasista español. No seu Comité Xurídico, que presta un servizo de interpretación e estudo de textos regulatorios, participan os representantes das asesorías xurídicas das empresas comercializadoras, transportistas e distribuidoras do sistema gasista. A reunión mantida en Mugardos, contou coa presenza de representantes de EDP, Enagás, Endesa, Gas Natural, Iberdrola, Redexis, Unión Fenosa Gas, Sonatrach, Viesgo e a propia Reganosa.

Trala sesión de traballo, os integrantes do Comité Xurídico visitaron as instalacións da planta de regasificación da compañía en Mugardos e o Centro de Interpretación de Caldoval, proxecto social financiado por Reganosa para a posta en valor dos restos arqueolóxicos dun xacemento romano do século II.

Nota de prensa en Word

Nota de prensa en PDF