AS DESCARGAS DE GNL NA TERMINAL DE REGANOSA NO PORTO DE FERROL CRECEN UN 10 % ESTE ANO

08/07 2019

AS DESCARGAS DE GNL NA TERMINAL DE REGANOSA NO PORTO DE FERROL CRECEN UN 10 % ESTE ANO

 

A planta recibiu máis dun millón de metros cúbicos de gas natural licuado, e foi utilizada por catorce buques

Os catorce metaneros que no que vai de ano utilizaron a terminal de gas natural licuado (GNL) do porto de Ferrol confirman a positiva evolución da actividade en infraestrutura de Reganosa, que xa en 2018 foi a segunda planta do sistema en crecemento de descargas. Segundo datos oficiais do xestor técnico do sistema gasista español (Enagás GTS), o tráfico de GNL incrementouse este exercicio un 10,3 % en Mugardos.

 

No que vai de ano, as instalacións ferroláns de Reganosa chegaron catorce buques, fronte aos oito contabilizados no mesmo período de 2018 e aos seis rexistrados en iguais fechas de 2017. De acordo coa mellor estimación dos usuarios nestes momentos, 2019 concluirá con polo menos vinte barcos atracados na terminal, catro máis que no exercicio pasado e cinco máis que no anterior.

 

Entre o 1 de xaneiro e o 31 de xullo deste ano, once buques descargaron un total de 1.006.034 metros cúbicos de GNL, cifra que supera en máis de dez puntos porcentuais os 911.782 recibidos no mesmo período de 2018 e un 18,2 % os 851.277 de 2017. Outros tres barcos máis realizaron operacións de carga para o seu arrefriamento.

 

Un 36 % do GNL importado a España a través de Mugardo en 2019 procedía de Estados Unidos, un 35 % de Rusia, un 16 % de Nigeria e o resto de Trinidad e Tobago. Nun escenario prudente de demanda, o exercicio acabará lixeiramente por debaixo dos dous millóns de metros cúbicos xestionados.  

 

En todo isto inflúe favorablemente o proceso de transición enerxética emprendido por Europa, ao desprazar combustibles como o carbón e o fuel oil por GNL, con menor impacto ambiental, así como a nova orientación atlántica do tráfico de GNL, con actores destacados en Estados Unidos e Rusia; nesta caso, a localización xeográfica da terminal galega permite minimizar os costes loxísticos. No cualitativo, ademais, Reganosa está logrando afianzar a súa posición no negocio dos servizo de pequena escala, un segmento de gran futuro.

 

Outro dos parámetros que reflicte o incremento da actividade na terminal de GNL do porto de Ferrol é a cantidade de gas que se está introducindo dende alí á rede nacional: no que vai de 2019, suma 5.947 gigavatios hora, o equivalente ao consumo eléctrico anual de 1,7 millóns de fogares. Supón un avance do 6,4 % en comparación cos inxectados ao gasoduto en 2018. A intensidade da regasificación foi significativa no mes de xullo, cando os vaporizadores da planta funcionaron como media a un 39 % da súa capacidade, practicamente duplicando a media do sistema en España no mesmo período (21 %).

 

No segmento da carga de cisternas de GNL, durante os sete primeiros meses do ano cargáronse na terminal de Reganosa 2.644 camións deste tipo, cando en igual período de 2018 fixérono 2.557. Coas 76 cisternas que semanalmente están saíndo de Mugardos abastécense diversos puntos de Galicia, Castilla y León e Asturias, fundamentalmente. AS cisternas manteñen en funcionamento a rede galega de plantas satélite de gas natural licuado, que cobren as lagoas do sistema de gasodutos en áreas alonxadas das rutas principais, orograficamente complicadas ou de hábitat disperso. Así mesmo, subministran combustible en condicións vantaxosas e seguras tanto a grandes consumidos como aos protexidos, por exemplo, hospitais.

Nota de prensa en PDF

Nota de prensa en Word